400 peregrinos diarios no Camiño Fisterra-Muxía durante os meses de agosto e setembro

Debullaron as cifras de visitantes os representantes do sctor turístico este sábado en Muxía, na visita do director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e da delegada da Xunta, Belén Docampo co gallo do Día Internacional do Turismo. Acompañados de alcaldes, representantes municipais e directovs da CMAT, APTCM e Solpor, fixeron un repaso ás cifras que aportaron os novos sensores de contabilidade de camiñantes.
Sensores instalados en varios puntos do Camiño, que sinalan que foron 23.000 os peregrinos que fixeron o Camiño Fisterra-Muxía durante os meses de agosto e setembro, uns 400 diarios (arredor de 130 en Muxía e uns 300 en Fisterra).
As cifras estiman que foron 14.269 peregrinos os que remataron o Camiño en Fisterra, e 8.827 en Muxía.
Outro dato interesante é que o 30% dos visitantes de Fisterra son peregrinos, mentres que en Muxía só representan o 8%.
Cifras que servirá para avaliar o impacto do Camiño, como debullou o presidente de Solpor, Jesús Picallo.
