5 proxectos da Costa da Morte optan aos premios de Economía Azul
Xa podes votar, ata este domingo 20) para os II Premios Economía Azul. Uns Premios promocionados pola Xunta que fomentan as boas prácticas en materia de economía e de mar. Entre os candidatos, hai 5 proxectos da Costa da Morte: 2 de Muros, 2 de Carballo e un de Corme.
Planta de Produción de Aceite de Microalgas de Carbiotech
Na Categoría de Innovación Local opta ao premio o Proxecto Planta de Produción de Aceite de Microalgas, promotor Carbiotech, S.L.U., situada en Carballo. Un proxecto única ata o de agora na Unión Europea, para a obtención de concentrado vexetal mariño con alto contido en DHA (omega 3), baseándose no emprego dunha tecnoloxía innovadora e cun impacto medioambientalmente máis sostible que as alternativas actuais.
Proxecto Persoas Diversas + Confrarías = Economía Circular de ASPABER
A asociación ASPABER opta ao premio de Economía Circular pedirá o equipamiento necesario para a capacitación de persoas con diversidade funcional na actividade auxiliar á industria pesqueira de reparación de caixas de peixe mediante termo-soldadura. Realízase unha actividade de reciclaxe, reducindo o consumo de plástico na industria pesqueira, contribuíndo a diminuír os plásticos que chegan ao mar. Concello de Carballo.
Taller de Sensibilización Medioambiental das Redeiras Illa da Estrela
Tamén en clave de Economía Circular, a Asociación de redeiras de Corme, sempre innovando, propón a creación dun taller de sensibilización medioambiental e adquisición do equipamento e maquinaria necesario para poder desenvolver actividades e xornadas de carácter medioambiental, centradas fundamentalmente no reciclaxe das redes e residuos do mar.
Denvolvemento dun protocolo de coxestión entre as confrarías de Muros e Noia
Os pósitos de Muros e Noia optan ao premio Apoio á pesca costeira artesanal, pensando no deseño dun proxecto de creación dun Protocolo de Coxestión das zonas de libre marisqueo buscando o equilibrio entre a capacidade marisqueira e os recursos dispoñibles.
Centro de Elaboración e Transformación de Produtos do Mar de Mariscos Antón
A potente empresa depuradora de moluscos situada na Punta Abelleira, Muros, opta ao premio Creación de Emprego, pois tras rehabilitar unha nave abandonada na zona, e aspira a seguir medrando converténdoa nun centro de transformación de produtos do mar que albergará cetária, depuradora e centro de pasteurizado de mariscos. O proxecto do GAP compremeteuse a crear 7 postos de traballo.