9 restaurantes costeiros reciben a chapa de Recomendación da Guía Michelín
         23 de marzo de 2023 (19:37 h.)
      
    Tivo lugar onte a entrega das Estrellas Michelín e os Restaurantes Recomendados pola guía en Galicia. E tivemos participación costeira, como xa avanzábamos o pasado mes de novembro.
O evento celebrouse na Sala Pelícano, conducido por David Amor, e puxo en valor a cociña de 54 establecimentos galegos, entre eles, estes 9 restaurantes costeiros:
- Lonxa D’Álvaro de Muxía.
 - A Tabernetta na Ponte do Porto.
 - O Fragón de Fisterra.
 - O Semáforo de Fisterra.
 - O Landua de Mazaricos.
 - O Material de Malpica.
 - O Tira do Cordel de Fisterra.
 - O Río Sil de Carballo.
 - Mar Viva de Corcubión.
 
Cómpre resaltar que un chanzo máis arriba, a onde poden chegar a optar estes establecimentos, atópanse os 16 restaurantes de toda Galicia que contan cunha Estrella Michelín,, incluídos os costeiros das Garzas de Malpica e O Retiro da Costiña de Santa Comba.
Novas relacionadas
- Febreiro 23: Un Sol para o Terra de Fisterra.
 - Novembro 22: A Lonxa D’Álvaro entra nas recomendacións da Guía Michelín.
 - A quincena de establecimentos costeiros coa Q de Calidade:
 - O Retiro da Costiña obtén o selo de Garantía de Galicia Calidade.
 - 21: 4 establecimentos costeiros, na Guía Solete.