O Retiro da Costiña obtén o selo de Garantía de Galicia Calidade
Un dos grandes referentes da restauración na Costa da Morte, e en Galicia, vén de recoller un recoñecemento. O restaurante de Santa Comba, O Retiro da Costiña, recibiu onte o diploma de certificación do selo Galicia Calidade a mans do director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez.
Unha certificación pon en valor o esforzo pola elaboración dunha experiencia gastronómica única, acreditada desde o ano 2008 cunha estrela Michelín. A “combinación eficaz de tradición e innovación” nunha “cociña de mercado” a partir de “materias primas de proximidade” é a chave do éxito.
Retiro da Costiña comezou no ano 1939 e actualmente son a terceira xeración dos García, os irmáns Manuel e Leonor, ambos formados profesionalmente na Escola de Hostalería de Lamas de Abade (Santiago de Compostela), os encargados de liderar este proxecto. O establecemento conta co recoñecemento dunha estrela Michelín e dous soles Repsol.
O xalleiro é o 35 establecimento certificado en Galicia.