Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Un Sol para o Terra de Fisterra

  • Na Costa da Morte contamos con dous establecimentos con 2 Soles: O Retiro da Costiña (Santa Comba) e As Garzas (Malpica); e restaurante con 1 Sol, ademais do fisterrán: O Resturante Landua (Mazaricos)
Un Sol para o Restaurante_Terra_Brais_Pichel
Brais Pichel co premio da Guía Repsol
Un Sol para o Terra de Fisterra

Presenta hoxe a Guía Repsol os novos restaurantes gañardoados con 2 e 1 Sol. E unha das novidades a nivel galego dase na Costa da Morte. O Restaurante Terra, cuia cociña está dirixida por Brais Pichel, vén de ser un dos galardoados con Un Sol.

Ata Alicante desprazouse o cociñeiro fisterrán para participar nun evento chamado ‘La cocina nos llena’ e recoller o galardón.

Dende a guían explican o proceso de catalogación do restaurante fisterrán: “Despois de acumular coñecementos e experiencia xunto a compañeiros como Nacho Manzano ('Casa Marcial') e Álvaro Garrido ('Mina'), Brais Pichel transformou o antigo bar familiar en 'Terra', un apartado restaurante de cociña galega e de mercado contemporánea. Alí, xusto fronte á praia urbana de Ribeira, sáltase boa parte dos mil saborosos temas relacionados co tratamento do peixe e do marisco na Costa da Morte e elabora intensos fondos como fío condutor dunha proposta que só 15 comensais”.

A xornada serviu para engadir á lista de Restaurante galegos con 2 Soles na Guía Repsol os establecimentos Camiño do Inglés’ (Ferrol) e ‘O’Pazo’ (Padrón). Ademais do fisterrán, tamén se une á guía con Un Sol o ‘Omakase’ (A Coruña), quedando en Galicia Galicia un total 34 restaurantes galardonados: 2 con Tres Soles, 14 con Dos Soles e 18 con Un Sol.

Na Costa da Morte contamos con dous establecimentos con 2 Soles: O Retiro da Costiña (Santa Comba) e As Garzas de Malpica. Ademais, contamos con un resturante con 1 Sol, ademais do fisterrán: O Resturante Landua (Mazaricos)

 Novas relacionadas

Comentarios