9 restaurantes costeiros reciben a chapa de Recomendación da Guía Michelín

19:37 23/03/23
Tivo lugar onte a entrega das Estrellas Michelín e os Restaurantes Recomendados pola guía en Galicia. E tivemos participación costeira, como xa avanzábamos o pasado mes de novembro.
O evento celebrouse na Sala Pelícano, conducido por David Amor, e puxo en valor a cociña de 54 establecimentos galegos, entre eles, estes 9 restaurantes costeiros:
- Lonxa D’Álvaro de Muxía.
- A Tabernetta na Ponte do Porto.
- O Fragón de Fisterra.
- O Semáforo de Fisterra.
- O Landua de Mazaricos.
- O Material de Malpica.
- O Tira do Cordel de Fisterra.
- O Río Sil de Carballo.
- Mar Viva de Corcubión.
Cómpre resaltar que un chanzo máis arriba, a onde poden chegar a optar estes establecimentos, atópanse os 16 restaurantes de toda Galicia que contan cunha Estrella Michelín,, incluídos os costeiros das Garzas de Malpica e O Retiro da Costiña de Santa Comba.

