Martes. 19.03.2024
El tiempo

A Lonxa D’Álvaro entra nas recomendacións da Guía Michelín

Alvaro do Coral en plena Cocina
Álvaro do Coral en plena faena
A Lonxa D’Álvaro entra nas recomendacións da Guía Michelín

Xa ten o Solete da Guía Repsol pero a Lonxa DÁlvaro entra dentro das recomendacións da Guía Michelín. Un espaldarazo tanto para o restaurante como para a propia vila de Muxía, porque falamos dunha guía a nivel mundial. “Colocas a Muxía no mapa”, recoñece orgulloso o cociñeiro e promotor Álvaro Rodríguez.

O auditor, que chegou a comer ata 3 veces sen identificarse, só foi á terceira falou con Álvaro do Coral e deixoulle claro que “o local ten potencial para ir a máis”. “Díxome que se ampliaba a bodega e un par de detalles máis, que se me vía animado que podía ir a máis”, sinala en referencia a chegar a facerse cunha Estrella Michelín.

Unha Estrella Michelín coa que apenas contan 16 restaurantes de toda Galicia, incluídos os costeiros das Garzas de Malpica e O Retiro da Costiña de Santa Comba.
”A verdade nunca me pasou pola cabeza… A que non lle gusta un recoñecemento, pero tampouco perdo o sono”, sinala cos pés na terra.

Alvaro aposta sempre polo produto local
Álvaro aposta sempre polo produto local
Lonxa dalvaro restaurante muxia
Así loce o restaurante muxián

Unha ducia de establecimentos da Costa da Morte

Ademais do muxián, hai unha serie de establecimentos que xa están na Guía: A Tabernetta na Ponte do Porto; o Villa de Oro de Camariñas; O Tira do Cordel, O Fragón e o Semáforo de Fisterra; o Mar Viva de Corcubión: o Pementa Rosa e Río Sil de Carballo; o Material de Malpica; o Landua de Mazaricos.

Novas relacionadas

Comentarios