Mércores. 18.05.2022
El tiempo

A AMEGA prepara a II Gala do Día dos Medios en Galego

A AMEGA prepara a II Gala do Día dos Medios en Galego
Rolda de prensa da Asociación de Medios en GalegoRolda de prensa da Asociación de Medios en Galego Henrique Sanfiz, Xosé Leal e Alberto Oubiña na rolda de prensa da presentación da Gala do Día dos Medios en Galego no Concello de Pontevedra A do ano pasado foi “un antes e un despois para os Medios en Galego. Este 2019 serve para refrendar esta aposta polo xornalismo e pola lingua galega. Así entende a Asociación de Medios en Galego (AMEGA) a celebración desta II Gala do Día dos Medios en Galego, que terá lugar este sábado 2 de febreiro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Un Día que conmemora a saída á luz do xornal O Tío Marcos da Portela, o 7 de febreiro de 1876. Así o lembrou o presidente da Asociación de Medios en Galego, Henrique Sanfiz, que engadiu que o Parlamento de Galicia fixo unha declaración institucional para establecer precisamente esa data de saída do xornal como o Día dos Medios en Galego. Henrique Sanfiz fixo unha invitación a compartir esa celebración acompañado de Alberto Oubiña, concelleiro de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, e Xosé Leal, responsable de Cultura na Deputación de Pontevedra. Ambas administracións respaldan a gala de AMEGA, que ademais contará coa presenza de Xosé A. Touriñán. Será unha oportunidade de disfrutar do seu humor, pero tamén da música de Ugía Pedreira. Polo demais, será a zaseira Mónica Martínez a condutora do acto, e alí estarán representantes da Asociación Cedofeita, Anxos Sobriño, de Cotenol, e Kiko da Silva, en representación do eido da banda deseñada, entre outros. O evento pecharase coas intervencións de secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, e do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores. En definitiva, a II Gala dos Medios en Galego servirá para animar a outros medios a utilizar o galego e así o reclamaron tanto Alberto Oubiña como Xosé Leal. Para o concelleiro de Normalización Lingüística de Pontevedra a existencia de medios en galego ten tres vertentes: a cultural, a informativa e a de creación de emprego. Xosé Leal lembrou que é fundamental o apoio das administracións aos medios en galego para dar, asegurou, “unha situación de normalidade a unha aposta” que cre que ten que ser clave tanto na empresa privada como na pública. En definitiva, é unha aposta clara por “dar normalidade á lingua” en tódalas seccións dos medios de comunicación.

Con invitaciónDia dos Medios en Galego

En canto a gala, comezará ás 12:00 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra. Para asistir é necesario recoller invitación. Estas estarán dispoñibles a partir das once da mañá deste xoves 31 na Alcaldía do Concello de Pontevedra e no Museo de Pontevedra. Quen queira recollelas en horario de tarde poderá facelo a partir das 18 horas deste mesmo xoves na Librería Paz, na Rúa Peregrina.

AMEGA

A día de hoxe AMEGA está formada por prensa, diarios en internet e radio, concretamente seguintes medios: Radio Fusión-Rede de Emisoras Municipais Galegas (20 emisoras), Galicia Confidencial, Praza, Sermos Galiza, Tempos Novos, Novas da Peneira, Novas da Galiza, Ponte nas Ondas, Novas do Eixo Atlántico, Valmiñor.info, Que pasa na Costa, A Voz de Vilalba, Crónica 3, Revista Pincha, Luzes e Terra Cha Xa.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-parlamento-celebra-o-7-de-febreiro-como-o-dia-dos-medios-en-galego/ https://quepasanacosta.gal/o-dia-dos-medios-en-galego-un-antes-e-un-despois-para-os-medios-galegos/

Novas relacionadas

Máis novas

 Fonte

comentarios