Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A bici, como vehículo, principal protagonista da Semana da Mobilidade de Carballo

A bici, como vehículo, principal protagonista da Semana da Mobilidade de Carballo
Circuito de bicis realizado en Carballo co gallo da Semana Europea da Mobilidade Circuito de bicis realizado en Carballo co gallo da Semana Europea da Mobilidade

A bicicleta está sendo máis protagonista que nunca na Semana Europea da Mobilidade de Carballo. O único concello da volta que celebra esta importante data, estalle dando unha especial atención ao vehículo de transporte máis limpo que existe.

Polo de pronto xa foron un éxito tanto a Ruta en bicicleta por Sísamo coma o I Festival de xogos e deportes tradicionais e a xornada de seguridade viaria para ciclistas celebrada a pasada tarde do mércores, cunha excelente acollida, sobre todo entre os nenos e as nenas, que son os principais destinatarios da campaña de sensibilización impulsada desde a Concellaría de Planificación e Mobilidade Urbana.

O pasado xoves arrincou a pioneira actividade do bicibús, que consiste en que os nenos e as nenas vaian ao cole en bici. Os peques de 6º Primaria do CEIP Cristina foron os primeiros en ir en bici ao cole desta singular maneira, superando as obras sen problema, e disfrutando do paseo, deixando claro que o querrán facer igual durante todo o ano.
Os segundos foron unha ducia de peques do Xesús San Luís Romero os que onte xoves foron ao cole en bici.

En todo caso, a iniciativa realizáse gracias ao voluntariado do Club Ciclista Carballo a un Paso e e dos centros educativos.

O xoves foi o día da Festa do Pedibús, mediante o que ducias de pequenos vanse recollendo polas rúas para ir xuntos, nun tren peonil, ata o centro de ensino.

Peques do Xosé Luís Romero de Carballo foron ao cole na pioneira iniciativa Bicibús Peques do Xosé Luís Romero de Carballo foron ao cole na pioneira iniciativa Bicibús

Próximas actividades

O sábado haberá unha nova Ruta urbana en bici a partir das 11.00 horas, polos centros escolares e os principais edificios públicos do casco urbano. O Club Ciclista Carballo dirixirá unha actividade que xa se realizou o ano pasado con moi boa acollida, e que nesta ocasión incluirá, demais, unha xincana no Pazo da Cultura.

O venres hai un paseo pola arte urbana para adultos, repasando as obras que embelecen a vila dos proxectos Derrubando Muros con Pintura e Rexenera Fest. A saída será ás 20:00 do Museo de Bergantiños.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-bicibus-protagonista-nunha-nova-edicion-da-semana-europea-da-mobilidade-en-carballo/

Comentarios