Martes. 16.04.2024
El tiempo

A caza do raposo, no punto de mira

A caza do raposo, no punto de mira

A caza do raposo por Eres Curioso Ilustracións de Eres Curioso Mal mes este de xaneiro para o raposo galego. Mentres nas redes sociais atopamos vídeos do raposo achegándose ás vilas por falta de alimento, aló enriba, nos montes, os cazadores sacan a escopeta para disfrutar do que gustan chamar “deporte”. O pasado sábado tivo lugar o XXVI Campionato Provincial de Raposo de Pontevedra nos montes de Cerdedo-Cotobade. Foi só o “pistoletazo” (nunca mellor traído) de saída da temporada de caza, que cada ano, segundo as propias estimacións das entidades procaza, acaba con 12.000 ou 13.00 raposos en Galicia. Despois virá o Campionato Galego, e este ano é posible que Galicia acolla a Copa de España. No citado encontro xa houbo importantes enfrontamentos entre animalistas e cazadores en Cotobade, uns portando pancartas “A morte non é un deporte” e facendo ruído con silbatos e bombos para espantar aos animais, e outros esperando coas escopetas. Mentres o debate segue aberto na sociedade galega. Porque a de caza é unha das Federacións con máis licenzas de Galicia (conta con 40.000, se ben hai poucos anos superaban as 80.000), e a caza utilízase historicamente de xeito electoral. Mentres noutras comunidades a caza está sendo abandonada, os mal chamados “campionatos” están mesmo sendo subvencionados pola Xunta. É aí onde queren centrar os debate as entidades ecoloxistas e animalistas, deixando a un lado a profunda e tamén necesaria reflexión sobre a caza en si mesma: nos campionatos, nos torneos. Son estes os métodos ordenados de control cinexético ante a superpoboación como argumentan uns, ou é “matar por matar” como aseguran os outros? Algunhas, como as amigas costeiras de Eres Curioso téñeno moi claro, como demostran nas ilustracións da cabeceira. Neste caso ata o Colexio de Biólogos enviaba un comunicado á Directora Xeral de Patrimonio Natural preguntando se realmente existe “un estudo sobre a poboación de raposo (densidades, alimentación, capturas por coto, épocas de reprodución...) dentro do terreo afectado pola actuación (…) que permita unha xestión intelixente, eficaz e sostible dos recursos cinexéticos”.

Aliado natural contra a enfermidade de Lyme

Diferentes colectivos, e mesmo o noso biólogo de referencia, Martiño Nercellas lembran que o lobo e o raposo son verdadeiros aliados naturais na loita contra expansión da enfermidade de Lyme, a “epidemia silenciosa” que chega dende o norte de Europa en forma de carracha. O “cazador” de imaxes da natureza, Chisco Lema tamén ten realizado un interesante vídeo sobre o tema.

”Incendios forestais e caza?”

Entidades como ADEGA van máis alá e vinculan incendios como o que acontecía a semana pasada no Cabo da Nave, aos procaza. “Quen se non poden ser beneficiados dun lume, provocado nunha zona protexida de matogueira como esta?”, pregúntanse os animalistas.

Novas relacionadas

Máis novas

Outras novas

https://quepasanacosta.gal/conmocion-en-galicia-polos-dous-naufraxios-da-costa-da-morte/

Comentarios