Luns. 07.10.2024
El tiempo

A Costa da Morte preparase para o avistamento de tiburóns

A Costa da Morte preparase para o avistamento de tiburóns
Tintorera de Tiburones en Galicia

O amigo Toño Maño, sempre atento ao mundo dos tiburóns dende o seu blog Tiburones en Galicia, fai un chamamento para que esteamos atentos ás nosas costas. Cada verán temos visitas acuáticas. Que se tintoreras, que se candorcas, que se quenllas peregrinas que veñen polas nosas costas.

Volverán estes familiares do tiburón pola zona, de feito xa houbo algunha nota dende Caión, e por iso queren animar a que informemos.

Lembran, por exemplo, as tintoreras que estiveron no porto de Muros o ano pasado:

 

Como informar

Dende QPC estamos en constante contacto con estas preocupadas xentes por eses animais, pero tamén os podedes avisar directamente dos avistamentos enviando Mensaxes nas páxinas de Facebook de Tiburones en Galicia e Ecología Azul - Blue Ecology, ou enviando un mail [email protected] / [email protected]; Ou ben, seguindo as canles máis habituais, chamando ao 112, ou poñéndovos en contacto coa CEMMA, ou con calquera outra asociación medioambiental que coñezades, para que polo menos quede algunha constancia de voso rexistro.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios