Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Agasallos, recomendacións e talleres polo Día do Libro na Costa da Morte

Dia do Libro
Agasallos, recomendacións e talleres polo Día do Libro na Costa da Morte

23 de abril, e o mundo celebra o Día Internacional do Libro, nunha data instituida pola UNESCO en 1995 atendendo á casualidade de que a morte de Miguel de Cervantes se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare.

Tamén na Costa da Morte celebramos a data, por exemplo, a través das FirmasQPC, pero tamén son moitas as iniciativas que se desenvolven a nivel municipal, asociativo ou educativo.

Taller de escritura creativa ADISBISMUR
Familia de Adisbismur co Día do Libro

Comezamos o percorrido pola comarca dende o sur, dende o Centro Ocupacional de Valadares, onde a familia da Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR) celebra o día cun taller de escritura creativa. Unha actividade para potenciar a creatividade, a escritura e a imaxinación das persoas usuarias, fomentando a súa participación social e, polo tanto, a súa inclusión.
Así, a través do Club de Lectura que teñen organizado, ADISBISMUR creará o seu propio conto a través da técnica de chuvia de ideas coa que se pretende fomentar a imaxinación, a expresión oral, a participación, o pensamento positivo, a resolución de conflitos e, sobre todo, fomentar a espontaneidade deixando fóra a timidez.

Accións municipais

Dende o Concello de Camariñas, por exemplo, queren divular a obra de autores locais e outros que escriben sobre o municipio. Fano estes días a través de conversas online a través do Facebook do Concello de Camariñas con escritores como Rafael Lema, Guadalupe Jiménez-Esquinas, Víctor Fernández Alves e Diego Garrote Novo. O proxecto chámase ‘Libros de aquí’, unha actividade deseñada pola biblioteca municipal que pretende divulgar a obra de autores locais e doutros que escriben sobre o municipio nos seus títulos.

 

Por Laxe realizan un acto co que se pretende recoñecer e agasallar ás persoas do noso concello que máis uso fan e máis libros retiraron en préstamo da Biblioteca Municipal Antón Zapata durante todo o ano 2020.
Neste acto, que se celebrará o mesmo venres 23 ás 19.00 horas na Biblioteca Municipal Antón Zapata, a Concelleira de Comercio, Hostalaría, Turismo e Cultura, fará entrega dun diploma e agasallo como “Lectoras do ano 2020”, as dúas persoas que nas modalidades de infantil-xuvenil e adulta deron máis uso ó servizo de préstamo bibliotecario durante todo o 2020.

WhatsApp Image 2021-04-22 at 15.03.47

Tamén Ponteceso se suma á data co agasallo dun libro a todas as persoas que se acheguen ao longo do venres pola Biblioteca.

Mentres, por Cee a Biblioteca Pública Municipal "Francisco Mayán" quere celebrar a data facendo obsequio dun libro a todos aqueles usuario/as que utilicicen o servizo de préstamo a domicilio neste día.

Ademais, o sábado 24 de abril, ás 18.30 horas, os máis cativos da casa teñen unha cita co teatro da man de Galitoon e o se espectáculo "The show moscon", obra seleccionada para o FETEN 2021. Dado que o aforo é limitado, precísase reservar previamente as entradas.

Bookflix no IES

Escaleiras de libros no IES Parga Ponda

Son moitos os centros de ensino, como o IES Parga Pondal, que activaron as accións vinculadas cos libros. Unha delas foi pegar vinilos co título de libros e os seus autores nos chanzos das escaleiras, dende a entrada ata o segundo andar. Entre todos fixeron unhas recomendacións súper chulas dalgúns dos seus libros favoritos como se foran pelis ou series de Netflix, mais claro, cambiaron o nome por BOOKFLIX.

Novas relacionadas

Comentarios