AGE achégase á Costa preguntando pola situación de Neria
26 de decembro de 2014 (10:04 h.)
Alegrámonos de ver como partidos nacionais comezan a implicarse en política costeira. Pouco pasa Alternativa Galega de Esquerda pola volta, pero parece, que da man dalgún estudiante comprometido da zona vai arrimando a cabeza. Desta volta, AGE, a través de Xabier Ron, levou á Comisión de Asuntos Europeos a polémica situación de Neria.
E faino coa intención de facer unha auditoría do traballo de Neria ao longo da súa historia, pra ver se conseguimos datos cos que valorar a verdadeira incidencia de todos os fondos europeos que xestionou a entidade supramunicipal durante máis de 20 anos.
Así, AGE insta ao Goberno a:
- 1) Facilitar en comparecencia na Comisión de Asuntos Europeos a relación completa das axudas e subvencións manexadas pola entidade sen ánimo de lucro Asociación Neria, principalmente das contías que obedecen a fondos públicos procedentes de axudas europeas, así como os resultados e conclusións das auditorías realizadas.
- 2) Explicar cales son os mecanismos que leva a cabo a Xunta para seguir a aplicación efectiva do diñeiro público cos fondos europeos, principalmente co uso que se lle deu ao diñeiro europeo por parte da Asociación.
- 3) Realizar unha investigación detallada da situación da Asociación Neria para adoptar as medidas oportunas e depurar todas as responsabilidades políticas que se deriven das pesquisas que se realicen.
- 4) Aclarar cal vai ser o destino final do diñeiro público investido no Centro de Coñecemento C3M.
Novas relacionadas
- Xan García deixa a Neria pero ameaza coas Eleccións Municipais.
- Xan García achega a Convención de Converxencia Galega á Costa da Morte.
- Foro Costa da Morte: Carta aberta á Neria, Concellos e Deputación.
- Radiografía da Neria por unha ex traballadora.
- Neria, en quebra.
- 03-09-14: Denuncian adxudicacións ilegais á Neria.
- As frechas azuis van ao xulgado.
- O Museo sen luz.
- Unha viaxe política para vender o valor turístico do Camiño a Fisterra e Muxía.
- A Neria pon no tellado do Concello de Cee e da Deputación a apertura do C3M.
- 12-09-12: O C3M estará en marcha en marzo de 2013.
- Agardando polos códigos Qr.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).