sábado. 24.05.2025
El tiempo

AGE achégase á Costa preguntando pola situación de Neria

AGE achégase á Costa preguntando pola situación de Neria
Neria en concurso de acreedores

Alegrámonos de ver como partidos nacionais comezan a implicarse en política costeira. Pouco pasa Alternativa Galega de Esquerda pola volta, pero parece, que da man dalgún estudiante comprometido da zona vai arrimando a cabeza. Desta volta, AGE, a través de Xabier Ron, levou á Comisión de Asuntos Europeos a polémica situación de Neria.

E faino coa intención de facer unha auditoría do traballo de Neria ao longo da súa historia, pra ver se conseguimos datos cos que valorar a verdadeira incidencia de todos os fondos europeos que xestionou a entidade supramunicipal durante máis de 20 anos.

Así, AGE insta ao Goberno a:

  • 1) Facilitar en comparecencia na Comisión de Asuntos Europeos a relación completa das axudas e subvencións manexadas pola entidade sen ánimo de lucro Asociación Neria, principalmente das contías que obedecen a fondos públicos procedentes de axudas europeas, así como os resultados e conclusións das auditorías realizadas.
  • 2) Explicar cales son os mecanismos que leva a cabo a Xunta para seguir a aplicación efectiva do diñeiro público cos fondos europeos, principalmente co uso que se lle deu ao diñeiro europeo por parte da Asociación.
  • 3) Realizar unha investigación detallada da situación da Asociación Neria para adoptar as medidas oportunas e depurar todas as responsabilidades políticas que se deriven das pesquisas que se realicen.
  • 4) Aclarar cal vai ser o destino final do diñeiro público investido no Centro de Coñecemento C3M.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios