Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Aloumiños organiza unha charla sobre o transtorno da linguaxe

Aloumiños organiza unha charla sobre o transtorno da linguaxe
Programa-Alouminos-e-USCde-Educacion-e-Solidariedade1 A logopeda Mónica Vilameá será a encargada de impartir hoxe, ás 19:30 horas no Forum de Carballo, unha charla sobre "O transtorno específico da linguaxe, como identificalo para unha intervención temperá". Esta actividade, que se enmarca dentro do 2º “Programa de Educación Familiar e Socialización para a Diversidade” organizado por Aloumiños en colaboración coa Universidade da Coruña -UDC-, está dirixida a calquera familiar ou persoa interesada nesta temática. Desde Aloumiños indican que a información e o coñecemento é fundamental para que as familias poidan acometer as diferentes enfermidades dun xeito o mais adecuado posible. As actividades continuarán ata o vindeiro 17 de xuño a través de distintas actividades nas que se tratarán distintos temas sobre a diversidade.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios