Aprobado definitivamente o PXOM de Coristanco
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde, Amancio Lavandeira, asinarán a orde de aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal. A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas e o Delegado da Xunta Diego Calvo, tamén asistirán á firma
03/12/2015
Foto: Moncho Fuentes / AGN
Asinaban esta mañá a Conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e o alcalde de Coristanco, Amancio Lavandeira, a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello coristanqués, ese necesario documento que guiará o aproveitamento dos recursos deste concello. Destacaron a importancia de sacalo adiante pois “ordenar o territorio significa adaptalo ás necesidades dos cidadáns que viven nel e protexer a súa riqueza e os seus valores”, aportando seguridade xurídica para que un municipio acada a súa dinamización económica e social.
En xullo o alcalde xa aseguraba que estaba a piques de saír do forno e de feito era aprobado provisionalmente.
Con este son 83 concellos galegos (dos 314) os que teñen o PXOM aprobados, e coa aprobación do PXOM de Coristanco, cinco dos sete municipios que constitúen a comarca de Bergantiños contan con plan xeral actualizado.
Novas relacionadas
- Xullo 2016: ”O PXOM está a piques de saír do forno”.
- Marzo 2015: Coristanco avanza co PXOM.
Fonte
- Xunta.