mércores. 22.07.2026
El tiempo

Malpica presenta a súa IX Carreira Pedestre para o 26 de setembro

Eduardo Parga e Noelia Freijeiro presentando a Carreira Pedestre de Malpica
No acto participaron o alcalde, Eduardo Parga Veiga, e a concelleira de Deportes, Noelia Freijeiro Novo
Malpica presenta a súa IX Carreira Pedestre para o 26 de setembro

O Concello de Malpica presentou esta mañá a IX Carreira Pedestre do Concello de Malpica, que se celebrará o sábado 26 de setembro, consolidándose como unha das citas deportivas de referencia da Costa da Morte.

A carreira contará cun percorrido principal de 10 quilómetros, unha proba popular de 2 quilómetros e diferentes carreiras para as categorías de base, adaptadas ás idades dos participantes. A saída realizarase na Praza Anselmo Villar Amigo e a meta estará situada no Paseo da Praia, ofrecendo
un percorrido que combina deporte e algúns dos espazos máis emblemáticos da vila.

Durante a presentación, a concelleira de Deportes, Noelia Freijeiro, destacou que “a Carreira Pedestre é unha das actividades deportivas máis importantes do ano en Malpica. É unha proba pensada para toda a familia, na que poden participar desde os máis pequenos ata os corredores máis experimentados. O noso obxectivo é seguir fomentando hábitos de vida saudables e facer do deporte un espazo de encontro, convivencia e participación. Queremos que cada edición sexa mellor ca anterior e convidamos a toda a veciñanza e aos corredores doutros concellos a vivir esta gran festa do deporte connosco.”

A carreira manterá precisamente ese carácter solidario, xa que por cada inscrición o Concello doará un euro á Asociación Española Contra o Cancro (AECC), convertendo cada participación nunha achega a unha causa social.

A proba forma parte do Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo. Poden inscribirse xa en ccnorte.com.

Comentarios