#AxendaCostadaMorte para a fin de semana: estas son as propostas
12:39 20/12/18
Un xoves máis, aquí vos deixamos un resumo das citas culturais que conforman a #AxendaCostadaMorte desta fin de semana do 21, 22 e 23 de decembro!
Parte de Meteogalicia: Influencia anticiclónica
Meteogalicia avísanos que para o venres non se agardan cambios significativos, xa que Galicia seguirá con ventos do suroeste. Os ceos permanecerán cubertos, con chuvias máis persistentes na provincia de Pontevedra e sur e oeste da provincia da Coruña. Xa o sábado, quedaremos na influencia das altas presións, con ventos de compoñente sur. Así, durante a mañá os ceos estarán parcialmente cubertos, con máis nubes na franxa atlántoca onde se rexistrarán orballos. A partir do mediodía, abriranse grandes claros, permanecendo as nubes baixas no litoral da provincia da Coruña. Para o domingo, Galicia mantense en influencia anticiclónica, con ventos do sur, polo que os ceos permanecerán pouco anubrados, con intervalos de nubes altas.Programas de Nadal
Botádelle un ollo aos completísimos programas de Nadal municipais de (case) todos os concellos da Costa da Morte. Para estes tres días, destacan a proxección do filme Sicixia en varias localidades da costa, o monólogo de Celso SanMartín o sábado en Zas, o Mercado de Arte e Artesanía 'Mercarte 2018' de venres a domingo en Carballo, e o concerto de Emilo Rúa e Rosa Cedrón o venres no Centro Cívico de Malpica.Venres 21 de decembro
Foto do recital poético solidario -Día do Himno Galego en Ponteceso. -Historias de Inverno con Senda Nova en Carballo. -Recital poético solidario internacional en Cee. -Homenaxe coral a Pepe do Raio en Corcubión. -Presentación do libro 'Unha vida dedicada á fotografía' de José Vidal, en Carballo.Sábado 22 de decembro
-Nadal solidario no Casino de Carballo. -Festa do emigrante en Laxe. -Teatro en Muros con 'Estás aí?', de Redrum Teatro. -Concerto de Tania Fuegho en Camariñas. -Concerto de Ale González, do grupo Los Árboles, no Casino de Carballo. -Monólogo en Baio, co contador Celso Sanmartín.Domingo 23 de decembro
Sesión vermú na tenda turística Stoupa, en Cee. -Sesión vermú de fin de ano en Stoupa. -Nadal tradicional en A Ameixenda, en Cee.Exposicións
- As Torres do Allo, en Zas, abren todos os sábados, domingos e festivos en horario de 11:00 a 19:00 horas. A programación habitual: – Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia. – O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
- Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
- A tenda turística Stoupa acolle a exposición colectiva Stoupidos durante este nadal.
- Exposición colectiva 'Viento y mar' no Museo de Man de Camelle, mostra na que diferentes autores interpretan este concepto a través da pintura, a fotografía e os abanicos. Os mércores e os xoves, de 11 a 14 horas; e de venres a domingos, ou festivos, de 11 a 14 horas e de 17 a 19 horas.