O BNG urxe á Xunta axilizar o expediente para comezar canto antes as obras do corredor da AG-55

Imaxe dunha concentración do BNG pola Autovía en 2024

 

 

Hai xa dous meses que rematou o prazo de alegacións para o proxecto do treito da autovía AG55 de Baio a Vimianzo, aprobado en xuño despois de 5 anos de retrasos, pero a Xunta segue sen avanzar nada. 

Ante esta eterna parálise, o BNG da Costa da Morte, a través do deputado Oscar Insua, vén de presentar varias iniciativas no Parlamento galego nas que solicita á Xunta que aprobe definitivamente o proxecto da primeira fase prolongación da AG-55 e que inicie os trámites da licitación antes de que remate o 2025, así como que dote dunha partida orzamentaria nos orzamentos de 2026 para o desdobramento da vía, con dous carrís para cada sentido de circulación.

 

O BNG critica que a Xunta recortase a autovía en Corredor dun só carril cando "coa prolongación da autovía AG-59 que une Santiago e A Estrada, tendo os mesmos índices de fluxo de tráfico que a nosa comarca, si vai ser finalizada cunha autovía”.

Sinala ademais que a Xunta realizou unhas modificacións orzamentarias en abril deste mesmo ano, que diminuíron a partida de 8 millóns de euros prevista.

 

Máis novas