venres. 07.02.2025
El tiempo

O PP rexeita no Parlamento rescatar a AG55 como fixo con outras 4 autovías

Roberto Rodriguez PP no Parlamento
Roberto Rodríguez, voceiro do PP no Parlamento
O PP rexeita no Parlamento rescatar a AG55 como fixo con outras 4 autovías

A pesar de ter rescatado o pasado outubro a concesión de catro autoestradas con “peaxes na sombra” (Salnés, Barbanza, Ourense - Celanova e Santiago-Brión) o PP evitou votar a favopr dunha iniciativa que presentaba onte o BNG na Comisión 3 do Parlamento para que a Xunta iniciase os trámites para que o rescate da AG-55 se faga efectivo en 2025.

O Deputado Daniel Pérez afirmou con rotundidade que A Costa da Morte “é seguramente o territorio no que máis evidentes son as consecuencias do esquecemento e o ninguneo histórico dos gobernos do PP”, e tachou de “agravio comparativo manter unha peaxe inxusta e inxustificada que supón un “lastre” para o desenvolvemento económico e social da zona.

Oscar Insua e Daniel Perez
Oscar Insua e Daniel Pérez, membros do BNG

Malia a recordarlle ao PP que en Carballo votou a favor dunha moción cunha parte resolutiva idéntica á que se tratou onte no Parlamento, na comisión 3ª, os populares votaron en contra da iniciativa nacionalista, que ademais pedía solicitar ao Estado a transferencia da AP9.

O voceiro do PP Roberto Rodríguez limitouse a criticar a falta de rescate da AP-9 por parte do goberno central, chegando a asegurar ademais que as peaxes galegas son "as máis baratas do estado". Rodríguez rematou dicindo que "non descartamos o rescate da AG55, pero tampouco o prometemos".

Replicou a esta aseveración Daniel Pérez sinalando que “hai que ter moito valor para facer esa afirmación en sede parlamentaria despois de 27 anos pagando unha peaxe por decisión absolutamente inxustificada e unilateral do PP, co Señor Fraga nese momento á fronte da Xunta".

Comentarios