Aprobado, tras 5 anos paralizado, o proxecto dos 5,5 km de Corredor ata Pasarela

Aprobaba onte o Consello da Xunta a actualización do proxecto dos 5,5km de amliación do Corredor da Costa da Morte dende Santa Irene ata a estrada que une Vimianzo e Camariñas, a altura de Calo-Pasarela.
Un treito aprobada en febreiro de 2020, que leva paralizado 5 anos e medio sen que a Xunta sexa capaz de comezar as obras. Polo medio pasaron ducias de rogos e mocións presentadas polo BNG e polo PSOE nas Comisións do Parlamento, excusas sobre o enlace ao polígono de Vimianzo, numerosas partidas reservadas cada no nos Orzamentos a Xunta que nunca foron executadas, e as promesas dende hai 22 anos de que a Costa da Morte ía contar cunha Autovía que co paso dos anos reduciuse a Corredor.
Con todo, o Consello daba o primeiro paso para aprobar o novo proxecto, que calcula un investimento de 36,4 millóns, e que se intentará licitar antes de que remate o 2025.
Histórico da Autovía
- Maio 25: O PP volve rexeitar no Parlamento acelerar a licitación do novo treito do corredor da Costa da Morte:
- Febreiro 25: A Autovía, a gran tomadura de pelo da Xunta do PP á veciñanza da Costa da Morte.
- Outubro 24: A Xunta lanza excusas sobre o Corredor pero ratifica que se executará ata Berdoias “nesta lexislatura”.
- Xullo 24: 7 Concellos aproban mocións para esixir á Xunta que remate a Autovía Costa da Morte.
- Maio 24: A Xunta evita concretar prazos para a activación das obras da Autovía.
- Maio 2024: O BNG reivindica desde Berdoias a ampliación da autovía da Costa da Morte.
- Novembro 2023: O BNG reitera a falta de execución de partidas que aparecen ano tras ano nos Orzamentos da Xunta para a Costa da Morte
- Outibro 23: Os Orzamentos da Xunta 2024 reducen a partida para a VAP
- Febreiro 23: A Autovía volve enredarse no Parlamento.
- Febreiro 23: A alcaldesa de Camariñas urxe á Conselleira a reactivación da prolongación da Autovía/Corredor ata Calo.
- Novembro 22: O pleno de Corcubión volveu pedir que se remate a Autovía e que se elimine a peaxe.
- Novembro 22: O PSOE Costa Atlántica lamenta a falta de compromiso dos Orzamentos da Xunta coa Autovía.
- Outubro 22: Os Orzamentos da Xunta inclúen, un ano máis, unha partida para o Corredor Baio-Berdoias.
- Agosto 22: Os socialistas esixen á Xunta que cumpla coas promesas do Corredor.
- Outubro 21: Os Orzamentos da Xunta para 2022 inclúen 3,43 millóns de euros para continuar o Corredor entre Baio e Berdoias.
- Maio 21: SEA e Goberno central reiteran que a conexión do Polígono de Vimianzo coa Autovía é responsabilidade da Xunta.
- Marzo 21: Reiteran a necesidade de rematar a Autovía ata Cee, ou polo menos ata Berdoias.
- Setembro 2020: Lembran os case 20 anos de promesas da Autovía Costa da Morte ata Brens.
- Febreiro 2020: Anunciada a ampliación da “Vía de Altas Prestacións”, con saída pero sen enlace co polígono de Vimianzo.