O Camiño dos Faros Infantil: Aprender involucrándose
As familias xa poden disfrutar do Camiño dos Faros coa vertente infantil dos trasn@s

Espectacular o traballo da Asociación Camiño dos Faros coa divulgación deste tesouro natural creado por eles mesmos. Os trasn@s da entidade veñen de realizar unha adaptación para familias das esixentes 8 etapas do Camiño entre Malpica e Fisterra. Deste xeito, convirte cada unha das 8 etapas en 3 subetapas, moito máis doadas para as crianzas de entre 6 e 12 anos.
Con esta proposta do Camiño dos Faros Infantil, pretenden que a rapazada se involucre no seu entorno, coñeza a realidade da Costa da Morte e disfruten de ser trasnos, ao tempo que invitan aos adultos a sacar ese neno agochado que todos aínda levamos dentro.
Xogos para rutas circulares
Ademais de invitar a cada familia facer as rutas pola súa conta, os trasn@s tamén invitan a facelo nunha ruta libre e autoguiada polos pais e nais a través dun xogo de pistas e audios para pasar probas. Cada proba ten unha solución que hai que cubrindo no Traskipasaporte, para conseguir descifrar o Traskienigma. Ademais hai que ir conseguindo os cromos para completar un álbum.
Rutas conxuntas en marcha
Como fan os maiores, a primeira saída foi este sábado 16 de marzo facendo unha ruta circular entre Malpica e San Adrián. Una cita que congregou a ducias de familias que puideron xogar conxuntamente e descubrir unha espectacular Traskiaventura.
Así, xa hai un calendario de saídas conxuntas, pero autoguiadas (a Asociación non se pode facer responsable da actividade), para ir aprendendo en común nesta nova andaina dos activos trasn@s da Costa da Morte.
Máis información
NOVAS RELACIONADAS
- Decembro 2017: O Camiño dos Faros celebra os seus 5 anos dando Oxígeno á Costa da Morte
- Novembro 2017: Asinado o convenio que homologará o Camiño dos Faros nunha ruta de Gran Percorrido.
- Outubro 2017: A Deputación aproba o financiamento do proxecto de homologación do Camiño dos Faros como GR
- Xuño 2017: O Camiño dos Faros xa se pode facer en bicicleta de montaña.
- Novembro 2016: O Camiño dos Faros, produto estrella na World Travel Market.
- Xaneiro 2016: Os pioneiros trans@s mapean o Camiño dos Faros coa tecnoloxía de Google.
- Decembro 2016: O Camiño dos Faros volve á TVE con Edu Soto.
- Marzo 2015: Un milleiro de trasn@s toman de novo o Camiño dos Faros
- Decembro 2014: Por un futuro cheo de vida no Camiño dos Faros.
- Xullo 2014: 7 heroes completan o Ultratrail Camiño dos Faros.
- Febreiro 2013: Percorrendo a pé, e con Traski, o Camiño dos Faros da Costa da Morte.