Carballo abre unha oficina permanente para tramitar o DNI
06:20 20/03/17
Carballo abre unha oficina permanente para tramitar o DNI
Xa non teremos que ir a Coruña ou Santiago (ou esperar ese camión itinerante que nunca pasa cando o necesitamos) para sacar o DNI. O Concello de Carballo vén de abrir esta mesma mañá unha nova oficina da Policía Nacional para a tramitación do DNI, pasaporte e documentos de estranxería. Un servizo para a veciñanza de toda a bisbarra, afianzando o papel carballés como capital comarcal.
Podedes pedir cita chamando ao 981 755 118 ou achegándovos ata a planta baixa da Casa do Concello (acceso dende a rúa Cervantes).
Novas relacionadas
- 2014: Esperando polo camión do DNI.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).