Venres. 17.05.2024
El tiempo

Catro concellos non renden contas

Catro concellos non renden contas

Todos os anos, por estas datas, difundimos información sobre o estado de rendición da conta xeral dos nosos concellos. Polo tanto, fieis á tradición iniciada en 2013, presentamos a situación a día de hoxe, cando transcorreu un mes do vencemento do prazo legal (15 de outubro de 2016) para cumprir con esta fundamental obrigación.

Estado de Rendicion de Contas dos Concellos Costa da Morte 2016

Excepto os Concellos de Coristanco, Fisterra, Muros e Santa Comba, que incumpriron coa súa obriga, todos os demais respectaron o prazo legal de remisión.

Ante o irregular comportamento dos catro concellos mencionados, o vixente ordenamento xurídico permite impoñer as seguintes medidas para que se cumpra con esta inescusable obrigación:

  • 1) non permitir concorrer a subvencións e axudas mentres non se remitan as contas;
  • 2) reter parte dos fondos que o Estado transfire aos concellos para financiar gastos correntes;
  • 3) impoñer multas coercitivas aos responsables.

De sempre, fun partidario da imposición de multas ata conseguir a rendición, antes de utilizar as outras dúas medidas (impedir o acceso a subvencións e retraer fondos da participación nos ingresos do Estado). Porque, coa primeira solución, as consecuencias recaen sobre os auténticos responsables do incumprimento; e, nos outros dous supostos, os prexudicados son as propias entidades, que se verán privadas de parte de recursos, o que pode afectar ao normal funcionamento dos servizos municipais e, por conseguinte, aos veciños.

Neste sentido, o Consello de Contas de Galicia pode impoñer multas coercitivas aos contadantes, por importe de un a dous meses do soldo, cando se trate de persoal do sector público, e de 600 euros a 6.000 euros cando os que non atendan os requirimentos sexan particulares. Considero que este debe ser o camiño. Pero unha cousa é a miña opinión e outra o que decidan facer os órganos competentes na materia.

En calquera caso, estaremos de acordo en que, para evitar riscos de quedar excluídos de subvencións, para evitar que o Ministerio de Hacienda reteña fondos e coa finalidade de que o Consello de Contas non teña que sancionar a ninguén, o máis sinxelo e render contas antes do día 15 de outubro de cada ano. Pois fagámolo!

  • Domingo Guerra ([email protected]). Economista. Especialista en economía pública e política económica pola USC.
 

Novas relacionadas

Outros artigos sobre Economía Municipal de Domingo Guerra

Fonte

Comentarios