Martes. 30.04.2024
El tiempo

A cidadanía rodea a Xunta para que paralice a invasión eólica

Eolicos Asi Non Manifa Santiago 4
A cidadanía rodea a Xunta para que paralice a invasión eólica

Veciñanza de todo o país, incuídas xentes Coristanco, Santa Comba, Malpica, Mazaricos… desafiou ao tempo para asistir á concentración “Rodea a Xunta” que a Coordinadora “Eólica Así Non” convocaba este domingo. Este martes, 25 de abril, é a data límite na que máis de 75 macroproxectos eólicos poderían obter autorización previa administrativa da Xunta. E de aí que a cidadanía comprometida co noso yerritorio quixese deixar clara a súa visión sobre a invasion eólica que sofre este país.

Eolicos Asi Non Manifa Santiago 3
Xentes de Coristanco
Eolicos Asi Non Manifa Santiago 2
Xentes de Santa Comba
Eolicos Asi Non Manifa Santiago A Runa
Xentes de Mazaricos

 

”A perda da terra non é renovable” sinalaban ducias de pancartas que portaban as máis de 2.000 persoas de máis de 200 colectivos e entidades que non faltaron á mobilización. “Os máis de 75 macroproxectos eólicos que a Xunta está a punto de autorizar, sen unha adecuada avaliación ambiental e por vías exprés e antidemocráticas, poñen en risco a preservación dos espazos naturais de maior valor ambiental do país e a conectividade ecolóxica, a disposición de recursos básicos para a vida como a auga, destrúen biodiversidade e moitos dos ecosistemas que son imprescindíbeis para afrontar o reto climático, eliminan terras de cultivo de alimentos, destrúen a paisaxe e patrimonio histórico e cultural, prexudican formas de vida tradicionais e sustentábeis, expulsan as persoas do rural e poderían afectar de forma singular á saúde das poboacións máis próximas aos aeroxeradores, alén da depreciación de valor que sufrirán todos os bens e inmobles situados dentro das poligonais eólicas”. Así foi o Manifesto Rodeamos a Xunta lido por Soledad Felloza.

Eolicos Asi Non Manifa Santiago 6

Máis novas sobre Eólicos

Comentarios