Mércores. 20.11.2019
El tiempo

A CMAT presenta outra nova imaxe de marca para o turismo da Costa da Morte

Nova marca para o turismo da Costa da Morte
Nova marca para o turismo da Costa da Morte
A CMAT presenta outra nova imaxe de marca para o turismo da Costa da Morte
A CMAT presenta outra nova imaxe de marca para o turismo da Costa da Morte

Coa marca de calidade Costa da Morte Terra Atlántica en plena expansión, nace unha nova imaxe de marca. Unha nova imarxe corporativa do turismo da Costa da Morte que chega da man da CMAT, o ente xestor do xeodestino.

Deseñado polo equipo da axencia creativa coruñesa Galo Publicidad en colaboración ca CMAT, a nova imaxe de marca “está inspirada na natureza, no mar, nas festas, na gastronomía e na artesanía como valores turísticos de destino e o seu obxectivo é transmitir alegría, maxia, entusiasmo e liberdade”.

A interpretación está formulada para persoal por parte de cada interlocutor: fogos de artificio, unha ola batendo contra unha roca, os palillos para facer encaixe... con cores que van dende o azul do mar ata o laranxa dunha posta de sol.

”Pra ti”

Como novo slogan que acompañe as comunicacións da CMAT incorpórase o concepto “pra ti”. Unha terminación que, combinada con elementos tales coma “artesanía”, “gastronomía” ou “patrimonio” entre outros.

Esta nova aposta estética e conceptual busca identificar o turismo en Costa da Morte de xeito rexional, nacional e internacional e terá aplicacións que van dende as redes sociais ata stands en feiras.

Plan de acción

Ca presentación desta nova imaxe corporativa avánzase na implementación do Plan de Acción para o Turismo da Costa da Morte 2019-2021 desenvolvido pola CMAT. Máis concretamente, trabállase na liña de actuación que tiña por obxectivo mellorar a comunicación e o posicionamento de marca.

Para levar a cabo esta meta desenvolvéronse catro bloques temáticos que vertebren a oferta turística: «Costa da Morte, naturalmente salvaxe» para salientar a paisaxe natural da zona, «Costa da Morte, carácter mariñeiro» para as experiencias turísticas arredor do mar; dende a gastronomía ata as actividades náutico-deportivas, «Costa da Morte, máxica e espiritual» referíndose ao patrimonio inmaterial arredor de lendas e mitoloxía e, por último, «Costa da Morte, tradicional e profunda» que engloba festas e folclore.

Novas relacionadas

Comentarios