Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Códigocero: 25 anos de información tecnolóxica en galego

20210725 portada web codigocero
Portada da web codigocero
Códigocero: 25 anos de información tecnolóxica en galego
Pioneira como poucas, a web codigocero.com cumpliu 25 anos este pasado 25 de xullo. A primeira web con información tecnolóxica en galego, divulgando na nosa lingua o que estaba a acontecer no sector TIC galego e internacional. Este espazo pretendía facilitar o traballo do programa Código da Radio Galega, e do mesmo xurdiron un boletín diario por correo electrónico que actualmente segue en funcionamento con preto de 3.000 suscriptores, e un boletín semanal en formato PDF que medio ano despois deu pé a revista en papel da que acaba de saír o seu número 215.     
 
En todo este tempo a publicación dixital consolidouse como referente informativo do sector en Galicia, e tamén como iniciativa dixital na nosa lingua, contribuíndo así á normalización do galego no ámbito tecnolóxico.
CódigoCero é membro activo da Asociación de Medios en Galego.

Comentarios