Venres. 04.10.2024
El tiempo

Os Concellos e as Confrarías do sur da Costa asinan senllos convenios de compromiso co medioambiente

foto grupo galp
Representantes municipais e das confrarías asinando os pactos
Os Concellos e as Confrarías do sur da Costa asinan senllos convenios de compromiso co medioambiente

Xornada de compromisos a do pasado venres no sur da comarca. A través do GALP Costa Sostible, os 9 concellos pertencentes a zona (Fisterra, Corcubión, Cee, Dumbría, Carnota, Muros, Outes, Noia e Porto do Son) asinaron 3 documentos que ratifican o seu compromiso co desenvolvemento sostible. Unha serie de accións relativas á xestión do Xeodestino Ría de Muros Noia, especialmente a aplicación práctica das súas recomendacións ao plan de Sustentabilidade Turística en Destino 2022-2024.

En primeiro lugar, o Concello de Lousame acolleu a firma da aplicación do Pacto Local polo Territorio Costa Sostible. Acordando Retos. “É, pois, obxecto de desta declaración, recoller, difundir e reafirmar os compromisos dos concellos da Costa Sostible na loita contra o cambio climático, un reto que abordan dende a colaboración e a solidariedado cos poderes públicos e as sociedades que, en todo o mundo, están a traballar pola mitigación e a adaptación a este cambio climático”, sinala o documento.

foto alcaldes galp costa sostible
Representantes municipais

A comitiva desprazouse despois á Casa Peto O Cruceiro de Outes para asinar outros dous documentos. Os alcaldes e alcaldesas asinaron a “Declaración de Compromisos para a Mitigación do Cambio Climático” e as Confrarías do Pindo, Lira, Muros, Noia, Portosín e Porto do Son. o seu “Acordo de Custodia Rías Sostibles”, que non son outra cousa que unha guía de boas prácticas, en fin, que busca unha maior concienciación das xentes do sector e que, por suposto, podemos aplicarnos todos cando imos ao mar..

A norma base é sinxela: ningún residuo debe acabar no mar e nas praias. Para cumprilo, ás traballadoras e traballadores do mar, adoptar costumes como:

  • Reducir o uso de plástico, tanto nas artes como nos envases de comida e bebida.
  • Informar de calquera concentración de lixo nos fondos mariños.
  • Organizar xornadas de limpeza e evitar, neste labor, os aparellos mecánicos agresivos.
  • Manter a separación do lixo, nos barcos e nos portos.

Comentarios