Venres. 05.03.2021
El tiempo

"A Costa da Morte e festexeira a rachar, sempre disfruto moito das vosas festas"

Fatima Pego en QPC
"A Costa da Morte e festexeira a rachar, sempre disfruto moito das vosas festas"

Hoxe falaremos con unha artista todoterreno cómo Fatima Pego, cantante da Orquesta Panorama e reporteira en programas da TVG.

 
  • A.G.: Escoitas coronavirus e que che ven a cabeza?

Venme á cabeza o fácil que poden cambiar as nosas vidas nun abrir e pechar de ollos... e o errados que estabamos ao pensar que tiñamos todo baixo control, que podiamos planificalo absolutamente todo... A realidade lembrounos que non.

 
  • A.G.: Como estás a vivir o de non poder subirte o escenario para disfrutar das verbenas galegas?

Hai que levalo da mellor maneira, con esperanza, pero é duro non poder traballar. Porque ademais da nosa paixón, é o noso medio de vida.

 
  • A.G.: Vós non podedes actuar pero as cancións siguen creándose, que canción tes gañas de cantar das últimas novidades?

Agora mesmo calqueira que non sexa o "RESISTIRÉ"... JAJAJAJA. Encantariame cantar "Midas", o novo traballo das Tanxugueiras, tirando para a terriña. E dos éxitos nacionais, "A un paso de la luna" de Ana Mena... dame moi bo rolliño.

 
  • A.G.: Cal sería o cantante famoso que elixirías para facer un dueto e con que canción?

A nivel internacional, o meu soño sería cantar con Celine Dion "I Surrender"... e a nivel nacional, quizais con Pablo López "Lo saben mis zapatos"-

 
  • A.G.: Coa Panorama recorredes toda Galicia, parte de España e do extranxeiro, pero que pensas do público que tedes na Costa da Morte?

Pois que é do melloriño que hai. En xeral, o público da beira do mar ten un punto extra de enerxía e ganas de festa... e en particular a Costa da Morte é festeira a rachar. Sempre disfruto moito das vosas festas: o Carme de Camariñas, a Virxe da Barca en Muxía, o Santo Cristo de Fisterra... marabilla!!!

 Fatima Pego TVG
  • A.G.: Os teus fans non te poden ver actuar no escenario pero si verte de reporteira no "Que nos pille rebolando" programa da TVG, que tal esa experiencia?

Pois fantástica. Estou moi contenta de poder traballar na miña outra gran paixón: a comunicación. Eu fixen Comunicación Audiovisual, así que traballar como reporteira tráeme unha satisfacción especial. É moi interesante e divertido: coñeces xente marabillosa, e lugares que doutro xeito probablemente non coñecería. Ademais, no Rebolando (como lle chamamos cariñosamente) temos un equipazo, que xa é coma a miña segunda familia.

 
  • A.G.: Tamén eres unha persoa moi activa nas redes sociais, tanto en Instagram cómo en Tik Tok, en cal o pasas mellor?

En ámbalas dúas... son diferentes, pero as dúas me traen grandes satisfaccións. É un xeito moi interesante de manterte en contacto co público, cos seguidores, coa xente que me quere... así que eu encantadísima de ofrecerlles entretemento, risas, música... o que faga falta!!!

 
  • A.G.: No Tik Tok tiras de moito humor galego, ten que temblar Eva Iglesias polo seu posto en Land Rober?

jajaja... eu son retranqueira e un pouco paiasa... pero fágoo por amor á arte!!! jejeje... Eva Iglesias é unha das grandes actrices e humoristas que ten Galicia, é toda unha honra a comparación..!

 
  • A.G.: Cerca dos 35 mil seguidores sumando todas as túas redes, toda unha influencer, e que inculcas moito galego. Que pensas desas persoas ou institucións que o queren erradicar?

Pois que padecen de varias doenzas: da intolerancia, da falta de cultura, e tamén da falta de empatía. Eu creo que deberiamos estar moooooi orgullosxs da nosa riqueza cultural e lingüística, que sempre suma...nunca resta. Están a tempo de abrir esas cacholas e deixarse empapar por esta lingua marabillosa.

 
  • A.G.: As redes fan que os fans estean máis preto dos seus ídolos para ben e para mal, por desgracia tuveches unha mala experiencia con alguns comentarios bastante obscenos. A tua reacción foi exemplar o publicar o que che sucedía, creés que esa e a forma de denunciar para que non sigan por ese camiño?

É un dos xeitos de denunciar. Por suposto, logo están os cauces legais, que sempre están á nosa disposición. Pero penso que a visibilización é importantísima para que este tipo de comentarios non se normalicen, sobre todo entre a xente nova. Non se pode tolerar a falta de respeto: de igual xeito que non a tolerariamos na rúa, ou na nosa casa... tampouco debemos facelo nas redes sociais.

 
  • A.G.: Para rematar, un desexo do que esperas de un futuro cercano?

Pois que este becho marche dunha vez por todas, para que nos deixe seguir coas nosas vidas. Unha vez que teñamos saúde, todo o demais podemos acadalo da nosa man.

comentarios