Domingo. 28.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte tamén estivo presente na manifestación pola mellora da Sanidade Pública

Plataforma Pediatras e Matronas xa na Manifestacion SOS Sanidade Publica Compostela
A Plataforma Pediatras e Matronas Xa na manifestación
A Costa da Morte tamén estivo presente na manifestación pola mellora da Sanidade Pública

Este domingo, as rúas de Compostela volveron vivir unha masiva manifestación en contra das políticas da Xunta en materia de sanidade. A Plataforma SOS Sanidade Pública xuntaba ducias de milleiros de persoas (30.000 segundo a organización), para protestar contra a deterioración da sanidade e esixindo un sistema público de calidade.

Berros como 'menos inventos e máis investimentos' ou ‘Rueda atende, a sanidade non se vende' demostraron a necesidade de baixar as listas de espera, aumentar o persoal e coidar a “lamentable”situación da atención primaria.

Manifestacion SOS Sanidade Publica Compostela Obradoiro
Ducias de milleiros de persoas no Obradoiro

Non faltou a Plataforma costeira Pediatras e Matronas Xa, con Vanessa Viquendi animando co megáfono, ademais da delegación costeira de SOS Sanidade Pública Costa da Morte, con moita presenza de responsables do BNG da comarca.

Manifestacion SOS Sanidade Publica Compostela

Aproveitaron a cita cabezas de lista dos partidos que chegan aos comicios do 18F para deixarse ver, estando presentes Ana Pontón (BNG), José Ramón Gómez Besteiro (PSdeG), Marta Lois (Sumar) e Isabel Faraldo (Podemos Galicia). Pontón e Besteiro deixáronse fotografar xuntos deixando unha imaxe de unión, mentres o Partido Popular tildou a manifestación de “electoralista”.

Comentarios