O pelotón do Gran Fondo Ézaro vertebrou a Costa da Morte

Que luxo volver ver un pelotón de case un milleiro de ciclistras atravesando a comarca. O Gran Fondo Ézaro, o espectáculo ciclista máis grande de Galicia, regresou con máis forza, e seguridade que nunca, facendo as delicias dos siareiros deste deporte que encheron as rúas de Dumbría, Cee, Muros, Muxía, Carnota e Vimianzo.
De novo o gran protagonista foi o Muro do Alto do Ézaro, ese pico de 1,8km con rampas de ata o 30%, que supón un verdadeiro desafío para os ciclistas. Non se puido ver en directo polas restricións, pero o streaming si que nos deixou estas singulares estampas:
O primeiro en subilo foi o pontevedrés Samuel Blanco o que marcou o mellor tempo na subida a Ézaro, de 8’28’’. En termos globais, o primeiro posto foi para un vello coñecido das vitorias do Gran Fondo Ézaro, o portugués David Vaz, que realizou a ruta longa en pouco máis de catro horas e 19 minutos e que subiu Ézaro en 8’46’’.
A primeira muller en acabar a ruta longa, no posto 131, foi Sara Modrego, en 5:20:17.
En canto á ruta curta, o primeiro en cruzar a meta foi o catalán Pol Ortega, tras rodar durante algo máis de 2 horas e 37 minutos, mentres que a primeira muller foi a atleta Barca Toba, cun tempo de 3:04:14.
Tamén fixeron brillar o muro outros deportistas como Óscar Pereiro, Delio Fernández, Gustavo César Veloso ou Álex Marque.
100% seguro
Nin un só positivio dos case 1000 test de antíxenos realizados o sábado no polígono de Cee.
Así foi o paso por Cee:
NOVAS RELACIONADAS
- Xuño 21: O Gran Fondo Ézaro 2021, o evento deportivo máis multitudinario da Galicia postpandemia.
- Agosto 2020: A Costa da Morte deu a Volta por 150 países.
- Gran Fondo 19: O Muro do #GranFondoÉzaro continúa aumentando a súa lenda.
- Gran Fondo 2018: O Gran Fondo Ézaro supérase a si mesmo.
- Gran Fondo 2017: Gómez Noya demostrou o seu poderío vencendo o Gran Fondo e na Travesía a nado.
- Vuelta 2016: La Vuelta volveu subir o Formigón do Ézaro e deixar a súa pegada na Costa da Morte.
- Gran Fondo Ézaro 2015: Indurain e Chiapucci da man ata o Mirador do Ézaro.
- Pequeño: “Se por min fose, a Volta Ciclista a España 2016 saía e chegaba ó Ézaro. Hai un bo entendemento co director do evento”.
- O Turismo do Ézaro crece nun 155% no último ano gracias a La Vuelta.
- “O Mirador do Ézaro convírtese nun porto mítico en Galicia referencia da peregrinaxe do ciclismo”.
- Alfredo Relaño: “Non coñecía este emprazamento privilexiado ata que o ciclismo o ensinou ao mundo”.