Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Costa vístese de Samaín

xardins_cabazas polo Samain de Carballo
Carballo engalana os seus xardíns polo Samaín
A Costa vístese de Samaín

Centros de ensino e concellos tratan de manter vivo o Samaín. Unha festa que nunca foi de todo nosa, que partiu de Irlanda aos EEUU e que volve transformada nun Halloween que se intenta que colla pouso a tradición.

Son moitas as actividades que a comarca realiza arredor desta data, que se celebra na noite deste venres 3 de outubro. Actividades magulladas pola pandemia, e que obrigan a facer algunha que outra cousa distinta.

Carballo decora os seus xardíns

Unha das iniciativas máis singulares é a que organiza o Concello de Carballo, convidando aos nenos e nenas a participar na decoración dos xardíns das zonas verdes da Praza Eduardo Pondal, na contorna do CEIP Bergantiños.

Un concurso en Camariñas

O concurso ‘Contos de medo!!! Camariñas 2020’ será a acción que desenvolve Camariñas, dirixida á comunidade educativa. O prazo de entrega de orixinais remata o próximo luns, 2 de novembro, e os gañadores coñeceranse a través da web e redes sociais do Concello. Repartiranse un total de 330 euros en premios entre tódalas categorías.

Obradoiros nas Torres do Allo

Non haberá samaín completo, como estes últimos anos, nas Torres do Allo. Pero se manteñen os obradoiros de Samaín que están dirixidos aos máis novos da casa e que terán lugar o vindeiro 1 de novembro, para os nenos e nenas de 4 a 12 anos. Realizaranse dúas quendas de dous grupos cun máximo de 4 participantes por grupo. A primeira quenda será de 11:00 a 13:00 horas mentras que a segunda será entre as 16:00 e as 18:00 horas. Hai que reservar praza no Centro Sociocultural de Zas (981 751 398) ou de Baio (981 718 056) (de martes a venres de 15:00 a 21:30 horas e sábados de 10:00 a 18:00 horas).

Obradoiros_Samain_Torres do Allo  copia

Samaín virtual en Ponteceso

O Concello de Ponteceso crea unha iniciativa de Samaín virtual a través de Facebook, e invita a todos os habitantes da localidade a participar. Para formar parte desta iniciativa, os participantes deben gravar un vídeo contando unha historia de medo, enviala por WeTransfer ao correo electrónico [email protected], e subila a Facebook etiquetando ao Concello de Ponteceso.
As mellores historias optarán aos dous premios de 150 euros para gastar nos negocios de Ponteceso. O primeiro destes premios decidirao un xurado, e o segundo será seleccionado polo público en base á publicación con máis “me gustas”en Facebook.

Samain Concurso Ponteceso 2020

Concurso de Disfraces en Santa Comba

Samain en Santa Cmba

Arañas en Muxía

 A araña Matilda visitará o Salón do Voluntariado o sábado 31 de outubro ás 18:00 horas, para o que xaquedan poucas prazas. Habilitouse unha liña de teléfono, o 981 74 20 01 e outra de Whatsapp, no 696 57 00 70 para reserva de asentos.
Ademais, terá lugar o espectáculo teatral e participativo, dirixido ás crianzas de máis de 4 anos ‘Camiño da Lingua’ por parte da compañía Galeatro, o domingo ás 12:00 horas no Salón do Voluntariado. Poderase reservar asento tamén a través do Whatsapp 696 57 00 70.

Comentarios