Venres. 29.03.2024
El tiempo

Cruz Vermella Terra de Soneira continúa sensibilizando á mocidade da comarca en educación sexual e drogas

Cruz Vermella Terra de Soneira continúa sensibilizando á mocidade da comarca en educación sexual e drogas
Cruz Vermella de Vimianzo en Camarinas Sesión da Cruz Vermella de Vimianzo na Ponte do Porto

266 mozos e mozas dos centros educativos de Vimianzo, Ponte do Porto e Carnota tiveron a sorte de recibir a visita da Cruz Vermella Terra de Soneira para desenvolver uns imprescindibles talleres de Educación Sexual e sobre drogas. Uns talleres, que constan de 4 sesións, desenvoltos por equipo de voluntarios, que tratan entre outros contidos, dos métodos anticonceptivos e das ITS, incidindo na importancia do uso do preservativo para evitar posibles embarazos non desexados ou o contaxio de enfermidades de transmisión sexual.

Nas vindeiras semanas impartirá, tamén no IES Terra de Soneira, talleres sobre drogas nas clases de 3º ESO. Neste caso, e tamén cunha duración de catro sesións, o voluntariado explicará as causas dos inicios dos consumos e tipos de drogas, centrándose nos riscos e consecuencias da consumición de substancias como alcohol, tabaco, cannabis, cocaína...

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/cruz-vermella-leva-temas-de-educacion-sexual-e-prevencion-de-drogas-as-escolas-da-bisbarra/
Comentarios