Desconvocada a folga do mar tralos importantes acordos conseguidos en Madrid para evitar as inviables medidas do Regulamento Europeo de Control

Imaxe da manifestación de onte entre Cee e Corcubión contra o Regulamento Europeo de Control pesqueiro

Despois das manifestacións vividas na Coruña e en Corcubión, o sector da pesca artesanal da provincia da Coruña, e de todo o estado, marcha para a cama cun bo sabor de boca e coa sensación de que cando está unido, é un sector con moito poder.

O sector recibía a nova polo whastapp esta tarde, e a última hora da xornada do propio luns recibian a notificación por parte da Federación Nacional de Confrarías da desconvocatoria da folga.

Vivírono en primeira persoa un grupo de mariñeiros da Costa da Morte (de Corcubión, Sardiñeiro, Muxía e Fisterra, que saíron en AVE case de madrugada e volveron na mesma noite) que se desprazaron a Madrid para berrar diante do Ministerio que” os pescadores son profesionais, non delincuentes”, metendo presión así ao goberno estatal para que realice as xestións necesarias coa UE para eliminar os puntos máis conflitivos do novo Regulamento.

Foron testemuños dos acordos asinados pola Secretaría General de Pesca, que adoptará una resolución para establecer que os erros ou omisións na estimación das cantidades no DEA para especies con capturas inferiores a 50kg, non constitúan unha infracción, sempre e cando cando a declaración de desembarque, recolla a cifra correcta de cantidaes por especie. Darán instrucións concretas ás unidades de inspección para aplicar as disposicións da resolución.
Ademais, o goberno de España solicitará á Comisón Europea para que eses erros na estimació non constiiúan un incumprimento da normativa.

Así mesmo, en canto á outra esixencia principal a mesma resolución establecerá que a notificación de desembarque se realizará no momento no que o buque poña rumbo ao porto, polo tanto non é necesario avisar con 4 horas de antelación para evitar esperas innecesarias.

O propio presidente da Federación Nacional de Confrarías, José Basilio Otero Rodríguez, leu o acordo asinado, que será efectivo cando se publique, nestes días, no BOE:

 

Queda desconvoca a folga pois pola Federación de Confrarías, e parece que se calma a voráxine, pero con todo, a meirande parte da flota non sairá a faenar hoxe porque entra un novo temporal.

Máis novas