Dj Rokiño triunfou no Entroido dA Irmandade Galega na Suiza ante máis de 1000 persoas
A Irmandade Galega na Suiza celebra o seu aniversario. Nada menos que 50 anos ao servizo da comunidade galega residente en Xenebra e divulgando e promovendo incansablemente a tradición, a cultura e a lingua galegas por todas partes do país suízo.
Este ano e, con motivo do 50 aniversario, a entidade programou unha serie de actividades moi interesantes e, como sinala a súa presidenta Noemí, tamén arriscadas e ambiciosas xa que é necesario un importante capital para executalas e, aínda que se reciben algunhas axudas , o resto depende de que o evento sexa un éxito e non cause perdas a unha entidade sen ánimo de lucro.
Nesta ocasión contaron coa colaboración de empresas locais, Estrella Galicia, Xunta de Galicia e Abanca. No acto estiveron presentes Celia González del Río, coordinadora da Rede Internacional Abanca, Pedro Hervella, director da Representación en Suíza e José Queijo, responsable do negocio de non residentes en Xenebra. A entidade optou por liderar o calendario de actividades coa celebración do maior Entroido galego de Suíza na sala Palladium de Xenebra, que ten capacidade para máis de 1000 persoas.
Máis de 500 comensais gozaron dunha cea-baile e outros tantos galegos e galegas residentes no país suízo acudiron despois para gozar dos ritmos máis bailables nun festival de verán grazas á Orquestra Olympus, deleitandose coa presentación internacional da nova canción de Dj. Rokiño, “Coa que traio” que gravou co solista da orquestra Panorama, Diego Moreira e que presume de converterse no éxito deste verán e, como non, participará no concurso de disfraces.
A celebración do Entroido en Xenebra reuniu a máis de 1.000 galegos dos preto de 50.000 residentes en Suíza (o primeiro país europeo con maior comunidade galega). Unha noite máxica que brillou coa dedicación do público, vibrou coa música de Dj Rokiño e a Orquestra Olympus e decorou a sala de cores coa diversidade de vestiario. A sala Palladium de Xenebra converteuse, grazas á Irmandade da Galega, nun anaquiño de Galicia no exterior.