Luns. 07.10.2024
El tiempo

Dous detidos por unha vaga de roubos con violencia a señoras maiores da comarca

Roubos xoias Garda Civil
A operación Goldens conseguiu recuperar a meirande parte das xoias substraídas
Dous detidos por unha vaga de roubos con violencia a señoras maiores da comarca

O Equipo Roca da Compañía da Garda Civil de Carballo, con sede en Vimianzo, conseguiu deter dous veciños de Santiago como presuntos autores de 8 delitos de roubo con violencia e outro de roubo en interior de vehículo, acontecidos nas pasadas datas na Costa da Morte.

O modus operandi dos detidos consistía acceder ao lugar dos feitos nun vehículo do que se apeaba un dos detidos, tras establecer unha breve conversación coa vítima abalanzábase sobre ela e mediante un tirón arrebatáballe as xoias que levaba no pescozo, meténdose posteriormente no vehículo fuxindo do lugar a gran velocidade.
A maioría das vítimas eran mulleres de avanzada idade que se atopaban soas na súa vivenda, nas proximidades ou en lugares con pouco afluencia de persoas.

Os detidos foron postos a disposición do Xulgado de Instrución de Garda de Corcubión, decretando a Autoridade Xudicial o seu ingreso en centro penal.
A Garda Civil mantén a operación aberta ao obxecto de pescudar se os detidos son os responsables doutros ilícitos da misma índole e a recuperación do resto de obxectos subtraídos.

Comentarios