Economía municipal: Nós cumprimos!
09:34 15/07/16
O principal obxectivo da política económica debe consistir na creación de emprego e perfeccionar a calidade do mesmo. Non me cansarei de repetilo. Sei que moitas voces críticas culpan aos concellos de non facer o suficiente nese ámbito. Tal vez teñan razón. O debate está servido.
Non obstante, hoxe está de rabiosa actualidade outra cuestión: o déficit excesivo. Porque tamén se culpabiliza ás corporacións locais (concellos, deputacións, etc.) de xerar déficits sen fin.
Sen embargo, os representantes municipais poden afirmar: nós cumprimos! Xa está ben de culparnos de todo! Non somos responsables do déficit! (escoitamos protestar con razón aos nosos alcaldes/as e concelleiros/as).
O Goberno (en funcións), a oposición (en funcións) e os cidadáns (sempre en funcións) sabíamos que o obxectivo de déficit do conxunto das Administracións Públicas para 2015 era do 4,20% do PIB. Agora veñen as vágoas de crocodilo. Porque o déficit do conxunto das Administracións situouse, nese exercicio, nos 55.755 millóns de euros (sen ter en conta as axudas á banca). Esta cifra representa o 5,16% do PIB, así que superamos nun 0,96% o obxectivo previsto para ese ano.
E poñémonos a choromicar porque, desde Europa, tírannos das orellas. Previsiblemente sancionarannos cunha multa que pode acadar ata o 0,2% do PIB (uns 2.000 millóns de euros) e que se acompañará, seguramente, coa conxelación de parte dos fondos europeos que percibiremos en 2017.
Pero os concellos non son culpables. Todo o contrario. Foron os que mellor comportamento tiveron: superávit do 0,44%. O resto de Administracións rexistraron déficits: o Estado do -2,76%; a Seguridade Social do -1,26% e as Comunidades Autónomas o -1,66%.
Sen embargo, a pesar deste bo comportamento orzamentario, as nosas entidades locais sufrirán as consecuencias derivadas dun problema que non provocaron. Terán que asumir as medidas previstas na normativa de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira, para responder con urxencia aos requirimentos da Comisión. Como nós, os cidadáns.

- Domingo Guerra (domingoguerra@quepasanacosta.com). Economista. Especialista en economía pública e política económica pola USC.
Novas relacionadas
Outros artigos sobre Economía Municipal de Domingo Guerra
- O Informe dez meses despois.
- A e-Administración.
- Economía Municipal. Reforma do financiamento local.
- Economía Municipal. Pagar tarde, mal e arrastro.
- Chegou o momento.
- O necesario control.
- Non vos parece?.
- A voltas coa débeda.
- Administracións de 4ª División.
- Non somos “mexebos”.
- Estamos a sufrir en silencio excesivo e sen saber até cando.
- O peixe intelixente.
- Desafíos municipai.
- O soldo do alcalde.
- Repasando o PIB dos Concellos QPC.
- Facturas no caixón.
- Débeda viva a 31/12/2013.
- Solvencia financeira municipal.
- Os concellos e a crise.
- Reposición da legalidade urbanística.
- Loito por culpa do mar.
- Remanente de tesourería.
- Eficacia recadatoria.
- Oportunidade perdida.
- Gasto de persoal.
- Rendición da conta xeral.
- A Conta Xeral.
- A contribución.
- Cuestión de confianza e moción de censura.
- Débeda municipal.
- A prórroga do orzamento municipal.
- Presión fiscal dos nosos concellos.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).