Venres. 17.05.2024
El tiempo

Economía Municipal. Reforma do financiamento local

Economía Municipal. Reforma do financiamento local
A permanente tensión entre necesidade de gasto e escaseza de recursos constitúe un dos principais problemas dos nosos municipios. Esta afirmación, que é compartida por moitos alcaldes e numerosos expertos, evidencia a necesidade de melloras no vixente modelo de financiamento local. Neste sentido, o presidente da Federación Española de Municipios e Provincias, Abel Caballero, anunciou fai uns días que este organismo iniciará os traballos de elaboración dunha norma que se ocupe desta cuestión. un novo financiamento municipal para a FEMP En espera de que se fagan públicas as liñas mestras que concreten as medidas do proxecto, non é preciso advertir que unha reforma desta natureza esixirá elevado consenso; porque ningún cambio transcendente pode dar resultados duradeiros se non é capaz de acadar pactos básicos. E para iso, hai determinados aspectos que se consideran irrenunciables, como dotar de maior intensidade os principios de suficiencia e autonomía financeira, mediante unha adecuada distribución entre tributos propios e transferencias, e permitindo, aos gobernos locais, facultades normativas que melloren a soberanía fiscal. Pero, ademais, deberase considerar tamén que os incrementos na presión tributaria conteñen certos límites, en termos de equidade e de actividade económica, polos efectos adversos que provoca sobre a xustiza distributiva e sobre o nivel de renda. Porque, os tributos non son instrumentos deseñados para sacarlle aos contribuíntes cartos sen máis, senón para repartir con xustiza a carga fiscal. Esperemos que o deseño do novo modelo de financiamento municipal permita a sustentabilidade da prestación dos servizos, e que xunto á suficiencia conteña aspectos relevantes como autonomía, eficiencia, equidade, responsabilidade fiscal e lealdade institucional.
  • Domingo Guerra ([email protected]). Economista. Especialista en economía pública e política económica pola USC.
 

Outros artigos sobre Economía Municipal de Domingo Guerra

Fonte

Comentarios