Venres. 20.09.2019
El tiempo

Empresas da Costa comeza con zapatos novos

Empresas da Costa comeza con zapatos novos
A web recentemente feita dende Empresas da Costa para Rodríguez Zapateros

Continúa en marcha o proxecto Empresas da Costa, artellado polas marcas costeiras Galinus, Abertal, Quepasanacosta e Finisterrae. Este espazo de dinamización do tecido empresarial da Costa da Morte a través da internet nacía o pasado mes de xullo, e xa comeza a dar os seus primeiros pasos. E o fai con zapatos novos.

I é que xa podemos destacar a creación da primeira web personalizada, realizada a prezos reducidos pensados para pequenas e medianas empresas en tempos de crise. Rodríguez Zapateros (http://www.rodriguezzapateros.com), a zapatería artesá de Carballo, vén de apostar por sumerxirse na rede con Empresas da Costa.

Este taller artesán ven de reformar a súa web realizada fai xa oito anos e que lle ten traido clientes de toda España.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios