A Esencia da Costa da Morte triunfou no Galicia Forum Gastronómico
- A APTCM expuxo a maxia e a calidade do ourizo.
- As Redeiras O Peirao (Malpica), a Panadería Germán (Fisterra) e a Panadería Central (Buño) recibiron sendos Premios Picadillo.
- Xurxo Agrasar e Eva Fares, das Garzas (Malpica), realizaron un showcooking.
Despois de repasar a seleccionada presenza da Costa da Morte nas dúas primeiras xornadas do Galicia Forum Gastronómico, a terceira e última cita tamén deixou patente a influencia que está tendo a nosa comarca na gastronomía galega. Así o demostraron Xurxo Agrasar e Eva Fares, das Garzas (Malpica), co seu showcooking.
Un Forum que se despedía superando as súas expectativas, rexistrando unha afluencia de máis de 23.000 visitantes.
O ourizo, a Esencia da comarca
Pepe Formoso, presidente de APTCM, os chefs Miguel Silvarredonda e Emilia Iglesias, e o sumiller Martiño Santos, presentaron na Sala Ágora ante unha boa afluencia, as campañas “Temporada de Mar” e ”Meses con R, aposta segura”, proxecto financiado polo GALP Costa Sostible.*.
O principal protagonista foi o ourizo, que acompañado polo pan de Carballo e con viño da comarca do Ulla, representou á perfección a “Esencia da Costa da Morte, o Santuario do Marisco”.
3 premios Picadillo
Tamén tiveron protagonismo 3 entidades costeiras nos Premios Picadillo, outorgados dende o Concello da Coruña.
As redeiras O Peirao – Federación Galega de Redeiras Artesás (Malpica de Bergantiños), recibiron o recoñecemento como Produtor de Mar.
Ademais, dúas panaderías da comarca, a Panadería Germán (Fisterra, 1870) e a Panadería Central (Buño, Malpica), foron distinguidas co Premio á Panaderías Históricas de Galicia, cunto ás Panadería Pallares (Sarria, Lugo, 1876); Panadería Rabizas (Betanzos, A Coruña, s XVII); La centenaria Panadería Paleo (Ribadeo, Lugo); Forno do Calviño (San Cristovo de Cea); Sieira Charlín (Ribeira, A Coruña, 1884); e a Panadería Caneda (A Pobra de Trives, Ourense), con el Premio a las Panaderías Históricas de Galicia.