A Costa da Morte leva calidade do produto e a “cociña con alma” ao Fórum Gastronómico

Seleccionada presenza costeira estes días no Galicia Fórum Gastronómico da Coruña. Todo no marco dunhas xornadas polas que están a pasar xentes como Elena Arzak, Marsia Taha de Arami, nomeada Mellor Cociñeira de América Latina, Xosé Cannas (do Pepe Vieira) ou Mara Cortizas (El Celler de Can Roca), nomes cos que se codeou o xalleiro Manuel Costiña.
Ademais do gran protagonista da xornada dominical (Víctor Basante foi nomeado Cociñeiro Galego do Ano), a comarca estivo presente con varios nomes. Principalmente no stand da Deputación, que baixo o paraugas da campaña #Apaisaxequesabe, recolleu numerosos showcookings, entre os que estiveron o propio Basante ou os Jose e Lucía da Despensa d’Lujo.
"Cando falamos de gastronomia estamos a falar de esforzo, de formacion e de talento", apuntou Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación quen tamén preveu que "o futuro da gastronomía pasa por formar grandes profesionais, de cara a ofrecer máis e mellor calidade no territorio”.
Entre os postos fixos, de proba e venda, non faltou ous habituais do circuito provincial, como son os xalleiros/composteláns ChichaLovers, os carballeses de Cafés Lúa, e os coristanqueses da Despensa d’Lujo.
Cociña con alma
Mención especial para dous cociñeiros que tiveron un serio protagonismo na tarde do martes. Alberto Cruz, do Restaurante Landua de Mazaricos, personalizou coma ninguén o concepto de “cociñaas deslocalizadas”, pero “cunha cocina propia”, que vai máis alá da tradición, “unha cociña da alma”, na que a fusión é protagonista. Cruz falou do “proxecto persoa, familiar e conciliador”, que protagoniza entre o Monte Pindo e a fervenza do Ézaro, protagonista da “revolución humana da cociña”.
Un rato despois subiu ao escenario principal do recinto de ExpoCoruña Brais Pichel, do Restaurante Terra de Fisterra, recén recollida a Estrella Michelín, no que falou da importancia que ten coñecer aos produtores de proximidade, da calidade do produto da comarca e sobre como é traballar cun menú que cambia varias veces por temporada.
Outros que tamén foron protagonista son Xurxo Agrasar e Eva Fares, cas Garzas (Malpica), que charlaron nun debate culinario sobre tradición e modernidade nos fogóns.
A Escencia por APTCM
Os Empresarios dje turismo da Costa da Morte (APTCM) preséntanse na xornada deste martes ás 17h na sala Ágora no recinto Expocoruña, coas campañas “Temporada de Mar” e ”Meses con R, aposta segura”, proxecto financiado polo GALP Costa Sostible.
Nesta edición os ourizos son os protagonistas.
A presentación correrá a cargo de Pepe Formoso, presidente de APTCM, os chefs Miguel Silvarredonda e Emilia Iglesias, e o sumiller Martiño Santos. Presentarán un plato orixinal acompañado polo pan de Carballo e con viño da comarca do Ulla. “Esencia da Costa da Morte, o Santuario do Marisco”.