mércores. 30.04.2025
El tiempo

A Esencia da Costa da Morte triunfou no Galicia Forum Gastronómico

  • A APTCM expuxo a maxia e a calidade do ourizo.
  • As Redeiras O Peirao (Malpica), a Panadería Germán (Fisterra) e a Panadería Central (Buño) recibiron sendos Premios Picadillo.
  • Xurxo Agrasar e Eva Fares, das Garzas (Malpica), realizaron un showcooking.
O ourizo da Costa da Morte no Forum Gastronomico-Foto-Raul Lorenzo
O ourizo da Costa da Morte, protagonista no Fórum Gastronómico-Foto-Raúl Lorenzo
A Esencia da Costa da Morte triunfou no Galicia Forum Gastronómico

Despois de repasar a seleccionada presenza da Costa da Morte nas dúas primeiras xornadas do Galicia Forum Gastronómico, a terceira e última cita tamén deixou patente a influencia que está tendo a nosa comarca na gastronomía galega. Así o demostraron Xurxo Agrasar e Eva Fares, das Garzas (Malpica), co seu showcooking.

Un Forum que se despedía superando as súas expectativas, rexistrando unha afluencia de máis de 23.000 visitantes.

Xurxo Agrasar no Forum Gastronomico Coruna
Xurxo Agrasar 

O ourizo, a Esencia da comarca

Charla da APTCM Costa da Morte no Forum Gastro-Foto-Raul Lorenzo
Charla da APTCM Costa da Morte no Forum Gastro-Foto-Raul Lorenzo

Pepe Formoso, presidente de APTCM, os chefs Miguel Silvarredonda e Emilia Iglesias, e o sumiller Martiño Santos, presentaron na Sala Ágora ante unha boa afluencia, as campañas “Temporada de Mar” e ”Meses con R, aposta segura”, proxecto financiado polo GALP Costa Sostible.*.

O principal protagonista foi o ourizo, que acompañado polo pan de Carballo e con viño da comarca do Ulla, representou á perfección a “Esencia da Costa da Morte, o Santuario do Marisco”.

Prato de ourizo da Costa da Morte no Forum Gastronomico-Foto-Raul Lorenzo
O prato presentado por Miguel Silvarredonda e Emilia Iglesias . Foto: Raúl Lorenzo
A Costa da Morte no Forum Gastronomico con Esencia APTCM-Foto-Raul Lorenzo
Expedición da Costa da Morte no Fórum con APTCM-Foto-Raúl Lorenzo

3 premios Picadillo

Premio Picadillo para a Panaderia German de Fisterra
Juan Luís Estévez, á dereita, recollendo o Premio Picadillo para a Panadería Germán de Fisterra

Tamén tiveron protagonismo 3 entidades costeiras nos Premios Picadillo, outorgados dende o Concello da Coruña.

As redeiras O Peirao – Federación Galega de Redeiras Artesás (Malpica de Bergantiños), recibiron o recoñecemento como Produtor de Mar.

Ademais, dúas panaderías da comarca, a Panadería Germán (Fisterra, 1870) e a Panadería Central (Buño, Malpica), foron distinguidas co Premio á Panaderías Históricas de Galicia, cunto ás Panadería Pallares (Sarria, Lugo, 1876); Panadería Rabizas (Betanzos, A Coruña, s XVII); La centenaria Panadería Paleo (Ribadeo, Lugo); Forno do Calviño (San Cristovo de Cea); Sieira Charlín (Ribeira, A Coruña, 1884); e a Panadería Caneda (A Pobra de Trives, Ourense), con el Premio a las Panaderías Históricas de Galicia.

Lucia da Denpensa de Lujo no Forum Gastronomico
Lucía da Despensa de Lujo, con posto fixo no Forum Gastronomico

Máis novas deste Fórum

Outras novas gastro

Comentarios