Europa comprométese a estudar as denuncias contra a marea eólica en Galicia
Que pensarán en Bruxelas cando en Galicia son os colectivos ecoloxistas os que levan manifestos anti-enerxía eólica ao Parlamento Europeo. Foi ADEGA, invitada polo BNG a que levou o “desenvolvemento caótico e insustentábel da enerxía eólica” no noso país.
A expedición galega (comandada por Ana Miranda (BNG), Fins Eirexas e Belén Rodríguez (ADEGA)) trasladou ao Xefe da unidade de Conservación da Natureza da Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea, Nicola Notaro, e o seu equipo legal, dúas denuncias e un completo informe xurídico sobre a evolución do desenvolvemento da enerxía eólica en Galicia.
Notaro comprometeuse a estudar a fondo as denuncias presentadas así como abrir un diálogo co goberno español ao respecto, sobre o que darán conta previsiblemente en outono.
A través das mobilizacións da Coordinadora Eólica Así Non, trataron de trasladar a inquedanza veciñal fronte ao actual modelo de enerxías renovables, pedindo un “cambio radical do modelo enerxético que rache coa situación de espolio, depredación ambiental e de abuso social que Galiza sufriu historicamente e revive na actualidade co gallo da actual vaga eólica”. “A Comisión Europea non pode eludir que a actual exurrada eólica imposta pola Xunta e o Estado está a incumprir o dereito comunitario”, asegurou Belén Rodríguez.
Incumprimentos
Entre as denuncias, sinalaron que a Directiva de Avaliación Ambiental Estratéxica 2001/42/CE está obsoleto; que o novo impulso eólico pode afectar hábitats e aves, incumprindo normativas europeas, cinluso a do Marco da Auga, xa que “boa parte das instalacións eólicas se proxectan sobre brañas, turbeiras, lagoas, matogueiras higrófilas ou nacentes de ríos e regatos que provocarán a fragmentación, alteración e desecación destes hábitats así como a aparición de procesos erosivos”.
Paraleamente ADEGA tamén denuncia que os procesos de posta en marcha dos proxectos eólicos tamén incumpre as directivas europeas en materia de participación pública.
TODAS AS NOVAS SOBRE OS PROXECTOS EÓLICOS
- ADEGA e o BNG levan a “invación eólica” a Bruselas.
- 4-12-2021: A Xunta confirma que o 30% de Galicia quedará afectada polos eólicos.
- INFORME: O novo impulso eólico propón máis de 40 novos proxectos na Costa da Morte.