luns. 02.12.2024
El tiempo

ADEGA e o BNG levan a “invación eólica” a Bruselas

concentración eólicos
Imaxe dunha concentración contra os eólicos
ADEGA e o BNG levan a “invación eólica” a Bruselas

Levamos anos denunciando a invasión eólica que está a promover a Xunta ao longo do país. Na nosa comarca pasan do medio centenar os novos parques proxectados, deixando unha gran parte do noso territorio afectado polas poligonais eólicas, absolutamente fragmentado.

Ante esta situación, ADEGA e o BNG van levar esta “vulneración do dereito comunitario” á Bruselas. Convidada pola europarlamentaria do BNG, Ana Miranda, a entidade presentará os días 31 de agosto e 1 de setembro, ante Comisión Europea” dúas denuncias contra o Estado español e a Xunta por vulneraren o dereito comunitario nos procedementos de autorización de instalacións eólicas en Galiza”.

ADEGA ademais exporá un informe xurídico no que se analiza a evolución histórica e as causas que provocan que sexa incompatible coas normativa europeas. ADEGA céntrase na “vulneración dos dereitos da cidadanía en materia de acceso á información e participación pública en relación aos proxectos eólicos en tramitación. O outro denunciará o incumprimento das directivas comunitarias en materia de protección do medio ambiente.

En representación de ADEGA, acudirán a Bruxelas o secretario técnico da organización, Fins Eirexas, a secretaria executiva, Belén Rodríguez, e o vogal de Dereito de ADEGA, Fernando de Abel Vilela, xunto co seu equipo legal.

Pola súa banda, a propia Ana Miranda considera que “Temos constancia do escandaloso incumprimento da normativa comunitaria e imos frear a burbulla eólica na nosa terra”.

Todas as novas sobre os proxectos eólicos

Comentarios