Xoves. 28.05.2020
El tiempo

Fisterra e Muxía toman protagonismo en Fitur

Fisterra e Muxía toman protagonismo en Fitur

A Semana Santa de Fisterra no FITUR A Semana Santa de Fisterra no FITUR

Despois desa primeira xornada na Fitur na que o Gran Fondo Ézaro foi o gran protagonista, no segundo día de feira, este xoves, tocoulle asumir galóns a Fisterra e Muxía.

Fíxoo o alcalde de Fisterra, Jose Marcote, levando a Semana Santa, as Festas do Cristo, a todos os asistentes a esta nova escena do stand Galicia. Marcote destacou o compromiso de máis de 2.000 veciños e fieis que convirten esta festa nun escenario único de pura tradición.

Outro dos que brillou foi o Semáforo de Fisterra. Jesús e Jacinto Picallo acodiron á Gala de entrega dos Premios Q de 2019. O Instituto para a calidade Turística entregou o Diploma ao recoñecemento ao Hotel Semáforo de Fisterra “pola a súa aposta pola calidade no exercicio da súa actividade e a prestación ao servizo do cliente”, todo un orgullo para a zona.

Q Calidade Semaforo Jesús e Jacinto Picallo recolleron a Q Calidade do Semaforo de Fisterra

Muxía Natural na Casa Galicia

O acto na Casa de Galicia recordou a Jesus Trillo O acto na Casa de Galicia recordou a Jesus Trillo

Paralelamente, na Casa Galicia o turno foi para a Asociación Muxía Turismo Natural, que presentou outra fase do proxecto “Muxía. Camiñando cara o mar”, unha iniciativa de turismo vacacional, de gastronomía, saúde e natureza, enmarcado na etiqueta #Muxia destinoslow, de novo financiada polo GAC3. “A través do cal quérese dar a coñecer Muxía como un destino de turismo experiencial, ao redor dos recursos mariños, que pretende poñer en valor o turismo, a gastronomía, os recursos locais náuticos-recreativos, culturais e a biodiversidade da zona de Muxía”, explicou o presidente da Asociación. Manuel Jesús Lema Caamaño.

O proxecto ten tres liñas de actuación que se basean no eslogan “Muxía, historia, tradición e cultura”. A primeira encamíñase a tres rutas, con códigos QR, nas que o visitante dispón dun audioguía (en español, galego e inglés) que lle explica os lugares por onde transcorre. Estas tres rutas son: no ámbito cultural, a Ruta do Perello, que transcorre pola vila de Muxía e ten o seu comezo e final no santuario da Virxe da Barca; no histórico, unha ruta que nos leva ao Monasterio de Moraime, a Igrexa de San Xiao de Moraime, do século XII, e o Monasterio de San Martiño de Ozón, con explicación dun dos hórreo máis grandes de Galicia; e a Ruta da morte do sol que se pode facer en coche, bicicleta ou por tramos a pé, xa que ten 29 quilómetros de lonxitude, nos que se pode divisar a fauna da Buserana, a ribeira de Moreira, o mítico cabo Touriñan e o seu último atardecer de Europa e a praia de Nemiña.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-costa-da-morte-volca-esforzos-na-fitur/

comentarios