O GALP aproba 850.000 para 7 proxectos empresariais turísticos
Un restaurante, 4 centros de actividades ou campamentos, e un aloxamento, ademais do centro para maiores privado de Ponteceso, son os proxectos empresarias que axuda o Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro GALP Costa da Morte. Unha clara demostración da intención da UE de ir reubicando os sectores produtivos do mar no mundo do turismo.
A convocatoria de 2020 aprobou esta semana estes 7 proxectos produtivos e outros dous dos proxectos non produtivos (promovidos pola Cofradía de Pescadores de Camariñas). O importe total dos investimentos de todos estes proxectos supera os 2,3 millóns de euros, sendo o importe das axudas propostas polo grupo supera os 889.000€. As porcentaxes de axudas aprobadas van desde o 30% ata o 47% nos proxectos produtivos e do 90% nos non produtivos.
Productivos:
Proxecto | % financiación | Importe axuda € | |
Devalar do Mar: Espazo Multiexperiencia | CAMARIÑAS | 30,72% | 200.000,00 |
Centro de Investigación, Formación e Coidado de Persoas Maiores | PONTECESO | 36,26% | 200.000,00 |
Restaurante Material: Ó Abrigo do Nordés en Malpica | MALPICA | 47,00% | 77.901,67 |
Campamento e Centro de Degustación Praia de Nemiña | MUXÍA | 43,00% | 189.203,69 |
Pantocazo (actividades de ocio e tempo libre) | LAXE | 43,00% | 8.483,05 |
Albergue de Surf Razo | CARBALLO | 43,00% | 106.312,34 |
Cabanas da Fonte (aloxamento en cabañas) | CABANA | 43,00% | 71.973,84 |
No productivos
Tipo de proxecto | Localidade | % financiación | Importe axuda |
Actividades Formativas para Capacitación e Ampliación de Competencias do Sector Pesqueiro | Camariñas | 90% | 19.103,99 |
Mellora e Optimización da Conservación Ambiental e Control do Recurso | Camariñas | 90% | 16.552,98 |