mércores. 11.12.2024
El tiempo

O GALP Costa da Morte aposta pola continuidade da súa directiva

Directiva do GALP Costa da Morte 2024-2025
O GALP Costa da Morte aposta pola continuidade da súa directiva

A Asociación Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) Costa da Morte, reuníase onte nunha Asemblea de carácter extraordinario para realizar a votación para a renovación de membros da súa Xunta Directiva.

A Presidencia segue a ser ostentada pola Confraría de pescadores de Caión da man de Evaristo Lareo.
A Vicepresidencia recae no Concello de Malpica, e os cargos de Secretaría e Tesourería seguen a ser desempeñados pola Confraría de pescadores de Camariñas, e pola Agrupación de mariscadoras do Río Anllóns 

O resto dos membros que compoñen a Xunta Directiva  son vogais e sonos seguintes:

  • Confraría de Pescadores de Malpica.
  • Confraría de Pescadores Virxe da Barca de Muxía.
  • Confraría de Pescadores de Camelle.
  • Confraría de Pescadores de Corme.
  • Confraría de Pescadores de Laxe.
  • Asoc. Redeiras Artesas “illa da estrela de Corme”.
  • Asociación Profesional de redeiras “O Fieital” de Malpica.
  • Asociación Cultural PX Ponte do Porto.
  • Asociación Deportiva Cultural Os Campelos.
  • Asociación de Veciños de San Martiño de Carantoña Ponte dos Castros.
  • Asociación de Empresarios de Malpica.
  • Asociación de Empresarios de Vimianzo.
  • Asociación de Comerciantes de Malpica.
  • Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas.
  • Concello de Ponteceso.
  • Concello de Camariñas.
  • Concello de Laxe.
  • Concello de Muxía.

Comentarios