domingo. 22.06.2025
El tiempo

GDR Costa da Morte pon en marcha un programa de cursos formativos gratuítos ao longo de 2025

curso tradicion ecoloxica gdr
GDR Costa da Morte pon en marcha un programa de cursos formativos gratuítos ao longo de 2025

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Costa da Morte lanza unha nova programación de formacións prácticas dirixidas a persoas emprendedoras, produtoras e profesionais do medio rural, que se desenvolverán ao longo de todo o ano 2025 en distintos concellos do territorio.

A oferta formativa abrangue tres áreas clave:

  • Caderno Dixital Agrario: cursos orientados a ensinar o manexo do caderno de campo dixital, ferramenta xa obrigatoria para moitas explotacións agrarias.
  • Elaboración de Conservas Vexetais: obradoiros prácticos sobre técnicas de conservación, seguridade alimentaria e etiquetado de produtos vexetais elaborados artesanalmente.
  • Transición da Agricultura Convencional á Ecolóxica: formación técnica centrada nos procesos, requisitos normativos e oportunidades que ofrece a agricultura ecolóxica.

 

As accións formativas comezarán en xuño e estenderanse ata outubro. Os cursos son de balde, con prazas limitadas, e requiren inscrición previa. Xa están abertas as inscricións para os primeiros talleres, que terán lugar en: 

  • Muxía (Agricultura Ecolóxica – inicio previsto para o martes 3 de xuño)
  • Dumbría (Caderno Dixital – inicio previsto para o mércores 4 de xuño)
  • A Laracha (Agricultura Ecolóxica – inicio previsto para o xoves 5 de xuño).

Esta iniciativa enmárcase na estratexia do GDR Costa da Morte para promover a sustentabilidade, o emprendemento e a valorización do medio rural, dentro do programa LEADER PEPAC 2023-2027.

Máis información e inscricións:

Sección “Outros proxectos - Formación 2025” da web do GDR: www.gdrcostadamorte.com gdrcostadamorte@gdrcostadamorte.com | 981 71 73 58

Comentarios