O GDR lanza, en colaboración con CaixaBank, o concurso Terra de Oportunidades

A Asociación Costa da Morte - GDR e CaixaBank pon en marcha na Costa da Morte poñen en marcha o programa "Terra de Oportunidades", unha iniciativa coa que apoia e impulsa o emprendemento rural e a creación de emprego, ao mesmo tempo que contribúe a deter o crecente despoboamento dos núcleos rurais.
A entidade financeira asinou un acordo co Grupo de Desenvolvemento Rural “Asociación Costa da Morte – GDR” co obxectivo de impulsar a creación de emprego a través de dúas liñas de actuación: axudas directas a emprendedores rurais, que tamén se incorporarán a unha comunidade de emprendedores e programas de formación e acompañamento para detectar as súas necesidades e impulsar os seus proxectos.
O convenio de colaboración, dotado con 10.000 euros, contempla o lanzamento dunha convocatoria a emprendedores da comarca, entre os que se elixirán os proxectos cun maior potencial de crecemento e de creación de emprego rural, capacidade de innovación e viabilidade económica e técnica. Esta convocatoria establece un prazo de presentación de candidaturas dende o 2 de maio (0:00 horas) ata o 21 de maio (12:00 horas). As súas bases publicaranse na páxina web do GDR: www.gdrcostadamorte.com
As iniciativas seleccionadas incorporaranse a unha comunidade on-line de emprendedores con Rural Talent, Incubatio, lanzada co impulso de CaixaBank. O Grupo de Desenvolvemento Rural poñerá en marcha, ademais, un programa formativo co apoio de CaixaBank.