Luns. 06.05.2024
El tiempo

O mar galego mobilízase este luns ata Madrid para apoiar as reivindicacións do sector agrario

Manifestacion Percebeiros Laxe Santiago 1
Imaxe da manifestacion do ano pasado do sector do mar en Santiago
O mar galego mobilízase este luns ata Madrid para apoiar as reivindicacións do sector agrario

Apoiar ao sector agrario e defender a necesidade de realizar políticas que coiden os sectores primarios, son as principais razóns que moverán ao sector do mar nunha mobilización prevista para este luns 26 de febreiro en Madrid. Unha manifestación de todo o sector da pesca, tanto industrial como artesanal, en contra das últimas directivas europeas, en contra das cotas... 

A Federación Nacional de Cofrarías está mobilizando ás federacións autonómicas para conseguir un apoio máximo a esta concentración que partirá da sede do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (no Paseo da Infanta Isabel, 1) ás 11:00h, para realizar un percorrido ata o edificio da Unión Europea (no Paseo da Castellana, 46).

"Queremos apoiar ao sector agrario pois polas reivindicacións comúns que temos con eles como a obsesión ambientalista da Comisión Europea, a falta de incentivos para o relevo xeracional e a competencia desleal de terceiros países que fundamentan as súas estratexias proxectos comerciais a menores custos fixos e sen as obrigas ambientais que se esixen produtores europeos".

Na Costa da Morte andan buscando xentes para ir conxuntamente e levar unha voz unificada.

Chaleco Pesca Solucion

Comentarios